div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 399

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' falará hoxe dunha estafa inmobiliaria en Vigo e Sanxenxo e da nova manifestación que os autónomos españois celebrarán este domingo.

08:55 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1224

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

09:25 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 2017

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. 'Nacer de Novo' continúa celebrando este domingo os seus 2.000 programas en antena cunha nova edición especial, en que mozos de toda Galicia explicarán como vivir unha vida extraordinaria na relación con Xesús.

09:40 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 635

A Ribeira Sacra garda un dos conxuntos de arte románico máis singulares de Galicia. A través dunha nova campaña de apertura de igrexas impulsada pola Diocese de Lugo e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, este programa achega ao espectador a estes templos que, máis alá do seu valor artístico, seguen sendo lugares vivos de fe. Dende San Vicente de Pinol ata San Xillao de Lobios, descubrimos un patrimonio que se abre ao visitante como porta á historia e tamén á experiencia espiritual.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VII 473

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 26.04.2026

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

OS NOSOS MAIORES: OS NOSOS MAIORES II 22

Este docu-reality retrata, en formato de historias cruzadas, a rutina, a sabedoría e a superación de dúas persoas maiores cada semana, destacando exemplos positivos de envellecemento activo. ‘Os nosos maiores' amosa hoxe a historia dun apaixonado do ciclismo de Ferrol e dunha afeccionada ao teatro da Coruña.

11:30 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 114

Laura, natural de Pontevedra, José Miguel, de Vilagarcía de Arousa, e David, de Melide, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

12:15 h

BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 7

Novo gran formato de baile e 'reality' para a noite dos sábados. Arturo Fernández presenta esta temporada do programa, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado. María Mera, Luís Iglesia e Xoán Fórneas, convidados nunha espectacular gala de 'Bailamos' que arrancará coa agardada coreografía grupal dos 12 concursantes. Bailarán xuntos ao ritmo do ‘Waterloo’ de ABBA e afrontarán a gala sabendo que os catro últimos da clasificación desta noite quedarán en primeira liña para os próximos nomeamentos.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 26.04.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 26.04.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:05 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 26.04.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:20 h

NO FOCO (DOMINGO): NO FOCO (DOMINGO) 26.04.2026

15:45 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 26.04.2026

15:50 h

LAND ROBER. BENVIDO MÍSTER IGLESIAS: LAND ROBER. BENVIDO MISTER IGLESIAS

A través dun valioso repaso aos fondos do arquivo da Galega, este programa especial recolle os momentos máis destacados da presenza do cantante na TVG.

17:10 h

SALA G: Julio Iglesias contra Todos

Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo. A ‘Sala G’ enfronta hoxe a Julio Iglesias contra Todos. A música do artista, que acaba de mercar casa en Galicia, enfrontarase a toda unha xeración disposta a demostrar que a verbena é tan inmortal como os seus boleros.

18:45 h

GALICIA BONITA: Valga

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. Volve 'Galicia Bonita' hoxe á TVG, co gran reto de rematar con éxito unha vivenda en Valga. O equipo de reformas afronta unha das súas maiores obras ata o momento, unha casa que quedou sen rematar co ladrillo á vista.

19:45 h

GALICIA BONITA: Cospeito

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo de 'Galicia Bonita' afronta hoxe a recuperación da casa de acollida de nenos e nenas de Muimenta.

20:50 h

GALICIA BONITA: Vilalba

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo de 'Galicia Bonita' viaxa hoxe a Vilalba para reformar unha ruinosa vivenda en ladrillo e os seus pendellos anexos. O propietario desta humilde vivenda reclama unha solución á súa principal necesidade: unha cuberta para o seu húmido alboio.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 26.04.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 26.04.2026

22:00 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XVII 223

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. ‘Cos pés na terra' coñecerá hoxe un gandeiro que está a modernizar a súa explotación e unha rapaza que compaxina o teletraballo cos labores dunha casa labrega. O equipo do programa tamén pasará a xornada cun mestre de horta que imparte leccións valiosas en colexios e asociacións.

23:00 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIII 176

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. ‘Cos pés na terra' explicará hoxe en que consiste a agricultura sintrópica. Ademais, o programa visitará unha gandeira e apicultora da montaña de Ourense e descubrirá unha granxa escola que se pode visitar desde as redes.

23:45 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIII 177

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O programa 'Cos pés na terra' comproba hoxe todos os coidados que require o galo de curral de Vila de Cruces. Os espectadores tamén aprenderán sobre maceiras e variedades autóctonas e descubrirán o que pode dar de si a artesanía téxtil.

00:10 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIII 177

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O programa 'Cos pés na terra' comproba hoxe todos os coidados que require o galo de curral de Vila de Cruces. Os espectadores tamén aprenderán sobre maceiras e variedades autóctonas e descubrirán o que pode dar de si a artesanía téxtil.

01:05 h

EN XOGO: EN XOGO 802

Espazo deportivo presentado por Gustavo Varela, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.

02:35 h

LUAR: LUAR 1481

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Andrés Suárez, Adrián Martín e Sofía Cristo actúan esta noite nun 'Luar' que celebra a 'repesca' do concurso 'Recantos'. Catro concursantes anteriormente expulsados regresan esta semana para probar sorte de novo, e os dous que saquen maior puntuación volverán formar parte do concurso.

04:40 h

LIBRO DE FAMILIA: Pais e nais

O reloxo biolóxico de Carmiña semella terse espertado, aínda que Elías se nega rotundamente a casar. Para tranquilizar o enfado da súa noiva, o taxista faralle crer que unha veciña de Santalla lles deixou coidar do seu bebé recentemente nado.

05:20 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1224

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

05:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Mans á obra

Santalla atópase dividido entre aqueles que queren continuar co negocio do invernadoiro e os que ven nos novos plans inmobiliarios unha posibilidade de futuro para a vila.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 26.04.2026

div-crtvg-top2

Publicidade