div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 398

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A moción de censura en Lugo, a suba de prezos das vacacións de verán e os funerais ‘low cost’, entre outros contidos, a análise hoxe en ‘O termómetro'.

08:55 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1182

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 25.04.2026

Presenta Chus Tanoira.

10:15 h

LABRANZA: LABRANZA 1767

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

10:50 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3392

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O escritor galego Ismael Ramos visita hoxe 'ZigZag', tras gañar o prestixioso Premio O. Henry de relato breve, extraído do seu libro 'A parte fácil'.

11:10 h

DIVINO TESOURO: ALBA GUZMÁN E HERNÁN SÍO

Coñecemos a Alba Guzmán e a Hernán Sío. Ela estuda Enxeñaría Biomédica e pode presumir de ser unha escritora con dúas novelas publicadas aos seus 22 anos, mentres que el destaca nun deporte onde os homes son minoría, no que acadou o logro de converterse no campión de España.

11:15 h

DIVINO TESOURO: Alba Gumán e Hernán Sío

Retrato da mocidade galega que racha estereotipos. O programa dá voz a mozos e mozas de entre 16 e 26 anos, que xa destacan como campións, influencers, investigadores ou emprendedores. Unha escritora moi nova e un campión de España de ximnasia, protagonistas esta tarde en ‘Divino tesouro'.

11:45 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 113

Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas.

12:35 h

SOMOS ANIMAIS: Jagger, Ginebra e Kiko

Programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensinará a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais.

13:30 h

MIRA TI (FIN DE SEMANA): MIRA TI (FIN DE SEMANA) 11

Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos da semana nos programas da TVG.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 25.04.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 25.04.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:05 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 25.04.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:20 h

NO FOCO: NO FOCO 25.04.2026

Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

15:45 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 25.04.2026

15:55 h

BÍCAME PUCHO

A gala 'Bícame Pucho' celebra hoxe na TVG o legado do mítico cantante Pucho Boeado, cando fai 40 anos do seu pasamento. Desde o Palacio da Ópera da Coruña e presentada pola xornalista María Lamela, contará coa presenza dos artistas que máis dominan o seu repertorio e doutros emerxentes que están reinventando o seu patrimonio musical. Pasarán polo escenario, entre outros, a orquestra Los Satélites ao completo, Paco Lodeiro, Manoele de Felisa, César Romero, Eris Mackenzie e Ortiga.

17:35 h

GALICIA BONITA: Friol

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’.

18:55 h

GALICIA BONITA: Ponteareas

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia Bonita' atópase esta noite cun muro difícil de derribar na reforma dunha vivenda en Ponteareas. O equipo liderado por Rosa Facal atoparase cunha casa pechada nun espazo moi estreito e o seu obxectivo será mellorar a sensación de diafanidade.

20:15 h

GALICIA BONITA: Salvaterra

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia Bonita' atende hoxe a chamada dun rapaz de Salvaterra de Miño que quere arranxar a vivenda e a palleira dos seus avós. Poñer de acordo a toda a familia será un reto maiúsculo para o equipo liderado pola arquitecta Rosa Facal.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 25.04.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 25.04.2026

22:00 h

BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 9

Novo gran formato de baile e 'reality' para a noite dos sábados. Arturo Fernández presenta esta temporada do programa, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado. Chegan as expulsións a 'Bailamos': dúas batallas decisivas marcarán unha edición chea de emoción e despedidas. Noelia enfróntase a Tomás e Paco a Loli, nunha gala en que dous concursantes abandonarán o programa, mentres que os mellores clasificados bailarán no estudio ao son de Roi Méndez.

23:50 h

HEICHO CANTAR QUERIDIÑA: MAR OU MONTAÑA

Programa musical presentado por Luís Iglesia, en que artistas de todo o mundo interpretan versións das cancións máis variadas.

00:15 h

HEICHO CANTAR QUERIDIÑA: MAR OU MONTAÑA

Programa musical presentado por Luís Iglesia, en que artistas de todo o mundo interpretan versións das cancións máis variadas.

01:55 h

OS DENTES DO DEMO

Inuk séntese só no seu iglú, pois non ten unha muller que lle faga ‘rir’, pero a vida vai mostrarse xenerosa con el e axiña chegarán dúas guapas mozas entre as que terá o privilexio de elixir. Os costumes e os grandes valores da súa cultura van quedar fermosamente recreados.

03:40 h

LIBRO DE FAMILIA: Quen sería?

Serie. Santalla amence consternada tras a noticia do incendio da casa dos Lamela. Ninguén sabe de certo o que ocorreu e as especulacións dispáranse entre a veciñanza.

04:50 h

LIBRO DE FAMILIA: Sorpresas e homenaxes

Ramón Balseiro converteuse xa no novo alcalde de Santalla, causando máis dun conflito no invernadoiro. O novo rexedor ten claro que co novo negocio dos pisos o invernadoiro non ten xa cabida na vila, o que crea un enorme balbordo.

05:10 h

LIBRO DE FAMILIA: Pais e nais

O reloxo biolóxico de Carmiña semella terse espertado, aínda que Elías se nega rotundamente a casar. Para tranquilizar o enfado da súa noiva, o taxista faralle crer que unha veciña de Santalla lles deixou coidar do seu bebé recentemente nado.

05:55 h

LIBRO DE FAMILIA: Mans á obra

Santalla atópase dividido entre aqueles que queren continuar co negocio do invernadoiro e os que ven nos novos plans inmobiliarios unha posibilidade de futuro para a vila.

div-crtvg-top2

Publicidade