TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 24.04.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 24.04.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 71
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 115
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 399
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
MIRA TI: MIRA TI 25
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
MIRA TI: MIRA TI 26
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 24.04.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 24.04.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 24.04.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 24.04.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 785
Quinto e último día no 'Atrápame' para esta tripulación de concursantes formada por Tino de Santiago de Compostela, Blanca de Cabanas, Tania de Narón, José de Ourense e Pablo de Lugo. Os 27 100 euros do bote agardan a que un deles consiga descifrar as cinco preguntas que ten Rodrigo Vázquez agochadas no "Minuto final".
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXIII 1323
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 999
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 24.04.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 24.04.2026
LUAR: LUAR 1481
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional.
MALAS PÉCORAS: MALAS PÉCORAS 4
Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas. O cociñeiro Pepe Solla e o cantante Roi Méndez, convidados nunha edición de 'Malas Pécoras' centrada nos afrodisíacos e nos mitos sobre o desexo masculino. Ademais, os espectadores coñecerán unha historia amorosa con final feliz, que ten como protagonista o Camiño de Santiago, e un uroandrólogo aclarará algúns dos problemas que os homes expoñen na súa consulta.
AMANDA
David é un mozo de 20 anos de París que se dedica a vivir o presente. Gaña a vida con pequenos traballos e evita tomar decisións que o comprometan. Un día namórase de Lena, unha veciña que acaba de chegar. Pero o transcurso da súa vida estoupa de súpeto cando a súa irmá maior morre brutalmente nun atentado. David é a única persoa que pode facerse cargo de Amanda, a súa sobriña de sete anos.
LIBRO DE FAMILIA: Castos e puros
Serie.
LIBRO DE FAMILIA: Resaca
Serie.
LIBRO DE FAMILIA: O prezo do perdón
Serie. Dona Laura baralla seriamente vender a súa casa de Santalla e irse a vivir a Vilariz. Balseiro móstrase interesado en comprar os terreos. Aínda que son moitos os veciños que aconsellarán á mestra non vender, ela está case decidida e reunirase con Ramón para negociar o asunto.
LIBRO DE FAMILIA: Sorpresas e homenaxes
Ramón Balseiro converteuse xa no novo alcalde de Santalla, causando máis dun conflito no invernadoiro. O novo rexedor ten claro que co novo negocio dos pisos o invernadoiro non ten xa cabida no pobo, o que crea un enorme balbordo.
LIBRO DE FAMILIA: Quen sería?
Serie. Santalla amence consternada tras a noticia do incendio da casa dos Lamela. Ninguén sabe de certo o que ocorreu e as especulacións dispáranse entre a veciñanza.