div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 22.04.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 22.04.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

O AGRO: O AGRO 22.04.2026

10:55 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 113

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión con 'step' e esteira centrada no traballo de cardio e forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 397

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' segue a actualidade do xuízo do loteiro da Coruña e analiza a folga das gasolineiras na ponte de maio e a detención de dous furtivos reincidentes.

13:45 h

MIRA TI: MIRA TI 27

Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.

13:45 h

MIRA TI: MIRA TI 25

Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 22.04.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 22.04.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 22.04.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 22.04.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 783

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Chegamos ao terceiro día da semana no 'Atrápame se podes', con Pablo, de Lugo; Tania, de Narón; José, de Ourense; Tino, de Santiago de Compostela, e Blanca, de Cabanas, como concursantes. Rodrigo Vázquez ten para eles moitas preguntas que deben responder correctamente se queren levar o bote, que está nos 26.700 euros.

16:30 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXIII 1321

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 997

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 22.04.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 22.04.2026

21:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 87

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Expertos en vida rural e educación poñen a nota de humor nun ‘Land Rober + Show’ que hoxe conta coas colaboracións de Patricia Pérez e Marcos Pereiro.

22:40 h

O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Ribadavia: Sara e Paco, Bea e Paco

Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. Sara e Bea repiten experiencia no programa coa ilusión de atopar por fin a persoa axeitada. As súas citas serán, respectivamente, un hostaleiro e un funcionario, ambos os dous chamados Paco.

22:45 h

O AMOR ESTÁ EN GALICIA: O AMOR ESTÁ EN GALICIA II 23

Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana.

23:10 h

O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Ribadavia: Abel e Gerardo, Natalia e Manu

Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. O extrovertido Abel coñecerá a Gerardo, un peiteador de forte personalidade. Pola súa parte, Natalia, que nunca tivo unha relación seria, probará sorte con Manu, un rapaz tranquilo decidido a construír algo estable.

23:15 h

O AMOR ESTÁ EN GALICIA: O AMOR ESTÁ EN GALICIA II 24

Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana.

23:55 h

AMOR NA REDE

Programa en que os participantes buscan atopar a súa parella ideal. Formato de dating, que conta co asesoramento de psicólogos expertos na busca de parella e cun emprego activo das redes sociais.

00:50 h

HAMMARSKJÖLD, LOITA POLA PAZ

En plena Guerra Fría, o secretario xeral da ONU, Dag Hammarskjöld, proponse descolonizar por completo África, pero o subsecuente estalido da violencia en países como o Congo obrígano a recorrer a métodos impopulares para lograr a paz.

02:35 h

LIBRO DE FAMILIA: Un cravo quita outro cravo

Serie. A decisión de Freire de deixar o invernadoiro provocará non só problemas na contorna laboral, onde os socios senten a súa marcha como unha traizón, senón tamén no terreo familiar, enfrontando a Sara e a Deli. Ramón Balseiro intenta aproveitar a amizade que une o seu fillo Óscar con María para investigar sobre as terras do invernadoiro, onde ten pensado construír coa axuda de Pedro. Doutra banda, don Venancio, Elías e Milucho temen polo benestar de dona Elvira.

03:35 h

LIBRO DE FAMILIA: O butaneiro

Serie. Santalla está en obras, polo que Elías se presta a levar no seu taxi as bombonas de butano para os veciños. Carmiña ve nisto unha posibilidade de negocio: e se Elías se convertese no novo butaneiro da vila? Por non variar, Elías servirase de artimañas para que o seu negocio sexa máis frutífero, aínda que Cosme e Venancio axexan para darlle o seu merecido escarmento. Elvira recibe unha carta de desafiuzamento. A beata está atravesando un terrible momento económico.

04:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Quen rouba a un ladrón...

Serie. Santalla amence consternado tras o grave accidente de Pedro e Marcos. As consecuencias foron fatídicas e a aldea envórcase ante esta terrible noticia. Doutra banda, Elías decátase de que o alcalde viaxaba cun maletín cheo de cartos que puidera estar perdido no río. Xunto a Carmiña intentarán conseguir o botín. Laura, está desfeita pola terrible situación na que se atopa o seu fillo. María e Tomás serán o seu máximo apoio nestes duros momentos.

05:50 h

LIBRO DE FAMILIA: Unha esmola

Serie. A vila de Santalla pide unha esmola para a arruinada beata Elvira. Unha vez que Marcos está fóra de perigo, María considera a posibilidade de regresar a Vilariz e incorporarse ao seu traballo. As dúbidas asaltan a moza, que non quere abandonar o seu noivo, con todo é Marcos quen a obriga a marchar, pois non está disposto a que María se sacrifique por el.

05:50 h

LIBRO DE FAMILIA: Hoxe por ti, mañá por min

Serie. A volta a casa de Marcos revoluciona os Lamela. Tanto Laura como María están desfeitas ante a nova situación do mozo, pero intentarán por todos os medios animalo para salga adiante. Álvaro transformouse agora en compañeiro inseparable de Marcos.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 22.04.2026

div-crtvg-top2

Publicidade