TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 20.04.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 20.04.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 69
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 111
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 395
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' interesarase pola alta demanda de permisos para construír piscinas e achegarase a Betanzos para probar a mellor pizza de España.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 20.04.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 20.04.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 20.04.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 20.04.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 781
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Comeza outra semana no ‘Atrápame se podes’, que recibe no estudio nova tripulación, formada por Blanca, de Cabanas; José, de Ourense; Pablo, de Lugo; Tania, de Narón, e Tino, de Santiago de Compostela. O bote do programa está en 26.000 euros e todos deben superar as distintas fases para loitar por el no 'Minuto final'.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXIII 1319
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 995
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 20.04.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 20.04.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 85
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Un experto en comunicación axudará o presentador e o público de ‘Land Rober + Show'’ a detectar mentiras.
EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO II 16
Novo formato de investigación que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. Conducido por Patricia Abet, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. ‘Expediente Oculto' analiza este luns o coñecido como o crime de Mondariz e a desaparición do mozo ferrolán Pedro Yáñez. O programa presentado por Patricia Abet tamén porá o foco nos accidentes con tractor, unha preocupante realidade en Galicia.
NA MENTE DO ASASINO (DOCUMENTAL): Contas pendentes
A TVG métese 'Na mente do asasino' para afondar no perfil das persoas que cometeron algúns dos crimes máis impactantes dos últimos tempos en Galicia. O programa, que consta dun documental e dunha mesa de debate moderada polo xornalista Pablo Carballo, analizará as causas e os mecanismos que os levaron a cometer eses crimes. O programa lembra esta noite o dobre crime de Xermade. Un axuste de contas por drogas a pequena escala converteu a casa de Domitila, que sobreviviu de milagre, Víctor e o seu fillo Eulogio nun escenario macabro.
OS IMPLACABLES
Dous irmáns vaqueiros, sen traballo desde a Guerra Civil, rouban un home rico pero son finalmente persuadidos por este de que lle devolvan os cartos e se unan a el para conducir un gran fato de gando. No camiño o irmán máis vello e o xefe da caravana salvan dunha morte segura unha fermosa muller e por mor dela establécese entre os dous homes unha perigosa rivalidade.
LIBRO DE FAMILIA: Mira que ben...
Serie.
LIBRO DE FAMILIA: Un homiño
Serie.
LIBRO DE FAMILIA: Can ou cadela
Serie. Santalla amence cun novo escándalo: o inspector que investiga o caso do invernadoiro atopou probas inequívocas de que o accidente non foi tal, senón que se trata dun caso de sabotaxe. Manuel e Tomás pescudan que o culpable está en casa dos Lamela, mentres que Pedro ameaza a Álvaro por deixar cabos soltos. Pedro ofrécelle a Marcos que se asocien, cre que xuntos poderían facer grandes cousas, pero o mozo ten outras preocupacións en mente que intenta afogar aferrándose cada vez máis á bebida. A actitude de Marcos fai que María non queira nin collerlle o teléfono, sendo Óscar o seu pano de bágoas.
DIVINO TESOURO: MARÍA LÓPEZ E JAVIER PÉREZ
Retrato da mocidade galega que racha estereotipos. O programa dá voz a mozos e mozas de entre 16 e 26 anos, que xa destacan como campións, influencers, investigadores ou emprendedores.
OS NOSOS MAIORES: OS NOSOS MAIORES II 21
Este docu-reality retrata, en formato de historias cruzadas, a rutina, a sabedoría e a superación de dúas persoas maiores cada semana, destacando exemplos positivos de envellecemento activo.