TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 13.04.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 13.04.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 66
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 106
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 390
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro' analiza hoxe os prezos inflados das froitas e verduras, a escaseza de materias primas nas conserveiras e o arranque do xuízo ao loteiro da Coruña, acusado de quedarse cunha Primitiva millonaria.
MIRA TI: MIRA TI 20
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 13.04.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 13.04.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 13.04.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 13.04.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 776
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. O 'Atrápame se podes' inicia outra semana con cinco novos concursantes. Rodrigo Vázquez recibe no estudio a Aldara, de Neda; Cris, de Ferrol; Derek, de Foz; José, de Vigo, e Maika, de Culleredo. O bote comeza o programa nos 24.900 euros.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1314
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 990
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 13.04.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 13.04.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 81
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Sorpresas e convidados vinculados a unha cultura milenaria, hoxe, no ‘Land Rober + Show’.
EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO II 15
Novo formato de investigación que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. Conducido por Patricia Abet, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. Unha traizón mortal en Monte Alto e a desaparición de Sonia Iglesias, a análise no 'Expediente Oculto' de hoxe. O programa reconstrúe o asasinato dun ancián que acolleu os seus verdugos, expón o caso da pontevedresa desaparecida e departe sobre o aumento dos ataques.
NA MENTE DO ASASINO (DOCUMENTAL): MATANDO POLAS LEIRAS
A TVG métese 'Na mente do asasino' para afondar no perfil das persoas que cometeron algúns dos crimes máis impactantes dos últimos tempos en Galicia. O programa, que consta dun documental e dunha mesa de debate moderada polo xornalista Pablo Carballo, analizará as causas e os mecanismos que os levaron a cometer eses crimes. A TVG entra 'Na mente do asasino' do crime de Santoalla. A través dun documental e dun debate afondarase nos feitos ocorridos en 2010, cando Martin Verfondern foi asasinado por un dos seus veciños.