TVG - CSAG
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 388
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O programa analiza hoxe o aumento das baixas laborais, o récord en multas da DXT en 2025, e as queixas da veciñanza polo mal estado do tren en Ferrol e o deterioro da autovía en Ourense, entre outras cuestións.
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1180
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 11.04.2026
Presenta Chus Tanoira.
LABRANZA: LABRANZA 1765
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
ZIGZAG: ZIGZAG 3385
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.
ZIGZAG: ZIGZAG 3380
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Os actores Alejandro Jato e Cristina Andrade, protagonistas do ‘Hamlet’ do Centro Dramático Galego, visitan hoxe o estudio de 'ZigZag'.
DIVINO TESOURO: Caetano Horta e Uxía Loureiro
Retrato da mocidade galega que racha estereotipos. O programa dá voz a mozos e mozas de entre 16 e 26 anos, que xa destacan como campións, influencers, investigadores ou emprendedores. Os espectadores de ‘Divino tesouro’ coñecerán hoxe a historia dun dos remeiros galegos máis destacados e dunha galardoada deseñadora de moda.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 109
Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas. Xosé Luis, natural da Coruña; Estela, de Bueu, e José, da Coruña, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
SOMOS ANIMAIS: Pegaso e Tessa
Programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensinará a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais. O programa 'Somos animais' estará hoxe cunha das mellores especialistas en cabalos do país. Ademais, o experto do espazo da TVG terá que educar unha pastora alemá para que a tranquilidade volva á casa do seu dono.
MIRA TI (FIN DE SEMANA): MIRA TI (FIN DE SEMANA) 8
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos da semana nos programas da TVG.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 11.04.2026
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 11.04.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 11.04.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
NO FOCO: NO FOCO 11.04.2026
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 11.04.2026
A GRANDE ESCOLLA: O Cordobés
Novo formato que mestura entretemento, concurso e divulgación arredor dun elemento moi noso: a calidade galega. En cada entrega, unha celebridade de fóra chega a Galicia na procura dun produto con selo galego, e será a presentadora e 'persoal shopper' Noelia Rey quen lle propoña tres opcións, entre as que só poderá escoller unha. Na primeira entrega, o protagonista é o toureiro Manuel Díaz ‘El Cordobés’, que aterra en Galicia co obxectivo claro de atopar o tractor perfecto para traballar a súa terra.
GALICIA BONITA: Tomiño
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. Unha parella ecoloxista que comprou hai pouco unha casa en Tomiño pide hoxe a axuda de 'Galicia Bonita'. O equipo de reformas enfrontarase a unha pequena vivenda con ruinosas ampliacións e cuestionables ornamentacións, un exemplo do que non se debería facer nunca.
GALICIA BONITA: Tomiño
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. Unha parella ecoloxista que comprou hai pouco unha casa en Tomiño pide hoxe a axuda de 'Galicia Bonita'. O equipo de reformas enfrontarase a unha pequena vivenda con ruinosas ampliacións e cuestionables ornamentacións, un exemplo do que non se debería facer nunca.
GALICIA BONITA: Tomiño
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. Unha parella ecoloxista que comprou hai pouco unha casa en Tomiño pide hoxe a axuda de 'Galicia Bonita'. O equipo de reformas enfrontarase a unha pequena vivenda con ruinosas ampliacións e cuestionables ornamentacións, un exemplo do que non se debería facer nunca.
MIRA TI (FIN DE SEMANA): MIRA TI (FIN DE SEMANA) 9
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos da semana nos programas da TVG.
BALONCESTO LIGA LEB: Primeira F.E.B.: Basquet Coruña - Obradoiro
En directo.
BALONCESTO LIGA LEB: Primeira F.E.B.: Basquet Coruña-Obradoiro
Desde o Coliseum e en directo, cita do Básquet Coruña e o Obradoiro xogando polo ascenso directo á Liga ACB de baloncesto. A retransmisión do derbi provincial contará coa narración de Tomás Alonso e os comentarios de Edgar Paz.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 11.04.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 11.04.2026
BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 7
Novo gran formato de baile e 'reality' para a noite dos sábados. Arturo Fernández presenta esta temporada do programa, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado. María Mera, Luís Iglesia e Xoán Fórneas, convidados nunha espectacular gala de 'Bailamos' que arrancará coa agardada coreografía grupal dos 12 concursantes. Bailarán xuntos ao ritmo do ‘Waterloo’ de ABBA e afrontarán a gala sabendo que os catro últimos da clasificación desta noite quedarán en primeira liña para os próximos nomeamentos.
HEICHO CANTAR QUERIDIÑA: A GRAN FESTA
Programa musical presentado por Luís Iglesia, en que artistas de todo o mundo interpretan versións das cancións máis variadas.
CRADLE WILL ROCK
Crónica da dura década dos anos 30 en Nova York, durante a cal numerosos artistas, como Orson Wells ou Diego Rivera, membros da alta burguesía e obreiros aliáronse para loitar contra a censura e en defensa da liberdade de expresión, nunha revolución cultural sen precedentes.
ZIGZAG: ZIGZAG 3380
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Os actores Alejandro Jato e Cristina Andrade, protagonistas do ‘Hamlet’ do Centro Dramático Galego, visitan hoxe o estudio de 'ZigZag'.
LIBRO DE FAMILIA: Unha obra de caridade
A colleita de tomates xa está lista para a súa distribución. Pero xorde o problema de que a auga da traída deixa de estar dispoñible para os veciños e o Concello descobre que é o gasto de auga dos tomates o que secou o depósito.
LIBRO DE FAMILIA: Picar o anzol
Cosme trata de manter o segredo da marcha de Freire para axudar a Deli e Tomás. Cosme, aproveitando que é tempada de troitas, argalla con Carmiña un plan arteiro para facer crer a todo o mundo que Freire segue na vila.
LIBRO DE FAMILIA: Mona de seda
Cando Carmiña se laia de que non ten ocasións para ir aquelada, os veciños decátanse de canto a aprecian e deciden facerlle uns agasallos. Tanto secretismo leva a Elvira a pensar que ela será a homenaxeada.
LIBRO DE FAMILIA: O pastor eléctrico
A Carmiña non lle aparecen as bragas e anda a buscalas por toda a vila, así que se dedica a buscalas entre as que levan postas as mulleres da vila, entre elas Elvira e Deli.
LIBRO DE FAMILIA: A nova secretaria
A desaparición de Freire provoca o caos en Santalla. Aqueles que non saben o seu paradoiro especulan coas máis diversas teorías ata que Deli, farta de tanto disparate, ten que tomar cartas no asunto e desmentir os rumores.