TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 10.04.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
LIBRO DE FAMILIA: O pastor eléctrico
A Carmiña non lle aparecen as bragas e anda a buscalas por toda a vila, así que se dedica a buscalas entre as que levan postas as mulleres da vila, entre elas Elvira e Deli.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 10.04.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 65
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 105
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 389
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Entre outras cuestións, ‘O termómetro’ avanza o cambio brusco de tempo esta fin de semana, fala da reapertura do caso da Maruxaina e desprázase ata a feira MOEXMU.
MIRA TI: MIRA TI 19
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 10.04.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 10.04.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 10.04.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 10.04.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 774
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Moncho, de Neda; Mercedes, da Coruña; Pablo, da Valenzá; Estela, de Marín, e Martín, de Monfero, son os concursantes que participan esta semana no 'Atrápame se podes’. Os cinco queren superar as distintas roldas do programa para poder loitar polo bote, que está xa nos 24.600 euros.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1313
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 989
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 10.04.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 10.04.2026
LUAR: LUAR 1479
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. King África, os galegos MJ Pérez e Eris Mackenzie e os lusos Porbatuka poñen ritmo e estilo nun 'Luar' dedicado aos chapeus. A Orquesta Triunfo e a Agrupación Chorima de Rois completan as propostas musicais, nunha nova edición en que o humor e ‘Recantos’ son tamén protagonistas.
O VIRXINIANO: Gran día, día grandioso
Inspirado no medio rural americano, este wéstern relata o día a día dun vaqueiro sen nome alcumado 'O Virxiniano'.
A BRIGADA DA COCIÑA
Cathy é unha perfeccionista e ríxida chef de 40 anos, que está a punto de facer realidade o seu soño de abrir un restaurante. Nada sae segundo o planificado e, con serias dificultades económicas, acepta un traballo como cociñeira nunha casa de acollida de mozos inmigrantes. O que Cathy nunca podería imaxinar é que as súas habilidades na cociña puideran cambiar tanto a vida destes rapaces e, ao tempo, que eles tiveran tanto que ensinarlle a ela.
ZIGZAG: ZIGZAG 3379
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O programa ‘Zigzag’ lembra hoxe a figura do escritor e intelectual galeguista Ramón Otero Pedrayo, no día en que se fan 50 anos do seu pasamento.
LIBRO DE FAMILIA: Festa rachada
Co gallo da fin das obras no invernadoiro de Santalla, os veciños organizan unha gran celebración. Pero non todos son convidados e Elías, por fame, e don Venancio, por arranxar o seu televisor, montan un negociete coas invitacións.
LIBRO DE FAMILIA: Irmán xemelgo
Como se a festa rachada de Santalla fose unha serie de celebracións continuadas con motivo da inauguración do invernadoiro, acontece a resaca en forma de suceso, pois o alcalde vai caer na trampa de Álvaro, que lle botou veleno na bebida.
LIBRO DE FAMILIA: Tocados
O traballo dos operarios do invernadoiro xa inflúe nos hábitos de vida dos habitantes de Santalla. Os gorros hixiénicos que empregan aqueles convértense no detonante para que Carmiña se interese por esta prenda e pretenda reproducila para os veciños.
LIBRO DE FAMILIA: Mona de seda
Cando Carmiña se laia de que non ten ocasións para ir aquelada, os veciños decátanse de canto a aprecian e deciden facerlle uns agasallos. Tanto secretismo leva a Elvira a pensar que ela será a homenaxeada.
LIBRO DE FAMILIA: Unha obra de caridade
A colleita de tomates xa está lista para a súa distribución. Pero xorde o problema de que a auga da traída deixa de estar disponible para os veciños e o Concello descobre que é o gasto de auga dos tomates o que secou o depósito.
LIBRO DE FAMILIA: Picar o anzol
Cosme trata de manter o segredo da marcha de Freire para axudar a Deli e Tomás. Cosme, aproveitando que é tempada de troitas, argalla con Carmiña un plan arteiro para facer crer a todo o mundo que Freire segue na vila.