div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 09.04.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

07:15 h

LIBRO DE FAMILIA: Irmán xemelgo

Como se a festa rachada de Santalla fose unha serie de celebracións continuadas con motivo da inauguración do invernadoiro, acontece a resaca en forma de suceso, pois o alcalde vai caer na trampa de Álvaro, que lle botou veleno na bebida.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 09.04.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 64

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 104

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 388

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O programa analiza hoxe o aumento das baixas laborais, o récord en multas da DXT en 2025, e as queixas da veciñanza polo mal estado do tren en Ferrol e o deterioro da autovía en Ourense, entre outras cuestións.

13:45 h

MIRA TI: MIRA TI 18

Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 09.04.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 09.04.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 09.04.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 09.04.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 773

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Terceiro día da nosa particular semana e o bote do 'Atrápame' está nos 24.400 euros. Van pelexar por el Mercedes, da Coruña; Moncho, de Neda; Martín, de Monfero; Pablo, da Valenzá, e Estela, de Marín. Vaise decidir todo no 'Minuto final', onde cada pregunta ben contestada ten un valor de 100 euros, pero se o concursante responde correctamente ás cinco cuestións, leva o gran premio.

16:30 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1312

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 988

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 09.04.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 09.04.2026

21:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 80

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Unha lenda da pantalla visita hoxe o ‘Land Rober + Show’, que achegará tamén un divertido sketch e bromas coa complicidade do público.

22:40 h

SOMOS ANIMAIS: Pepe e Mute

Samu, o noso educador de cans e cabalos, vai con Hugo para enfrontarse a un reto moi especial: axudarlle a Mónica a coidar de máis de vinte animais de distintos tipos: cans, cabalos, burros, cabras etc. Pola súa banda, Jorge vai coñecer unha parella que acaba de adoptar un galgo agarimoso e divertido, pero que é completamente xordo. Con este caso imos descubrir como se fai para educar un can que non te escoita. ‘Somos animais' enfróntase ao reto de coidar máis de 20 animais e de educar un galgo xordo. Hugo Cabaleiro e os expertos do programa amosan en casos reais como resolver situacións complexas coas mascotas.

23:35 h

O VIRXINIANO: A campá de bronce

Inspirado no medio rural americano, este wéstern relata o día a día dun vaqueiro sen nome alcumado 'O Virxiniano'.

23:50 h

PARDAL VERMELLO

Dominíka é unha exbailarina obrigada polo seu tío Iván a formar parte da Escola de Pardais, un programa secreto do goberno que a sitúa no centro dun perigoso xogo de espionaxe entre Rusia e a CIA. A rapariga sae da instrución preparada para se converter nunha axente letal, pero vive presa nun mundo do que quere escapar desesperadamente.

00:55 h

PARDAL VERMELLO

Dominíka é unha exbailarina obrigada polo seu tío Iván a formar parte da Escola de Pardais, un programa secreto do goberno que a sitúa no centro dun perigoso xogo de espionaxe entre Rusia e a CIA. A rapariga sae da instrución preparada para se converter nunha axente letal, pero vive presa nun mundo do que quere escapar desesperadamente. Dominika Egorova é recrutada contra a súa vontade para ser un ‘pardal’, unha sedutora adestrada do servizo de seguridade ruso. Dominika aprende a empregar o seu corpo como arma, pero loita por conservar o seu sentido da identidade durante o deshumanizado proceso de adestramento. Atopando a súa forza nun sistema inxusto, revélase como un dos activos máis sólidos do programa.

02:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Tocados

O traballo dos operarios do invernadoiro xa inflúe nos hábitos de vida dos habitantes de Santalla. Os gorros hixiénicos que empregan aqueles convértense no detonante para que Carmiña se interese por esta prenda e pretenda reproducila para os veciños.

03:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Unha obra de caridade

A colleita de tomates xa está lista para a súa distribución. Pero xorde o problema de que a auga da traída deixa de estar disponible para os veciños e o Concello descobre que é o gasto de auga dos tomates o que secou o depósito.

03:25 h

LIBRO DE FAMILIA: Cultivos de invernadoiro

A relación entre Laura e Pedro está cada vez máis tensa, co que Laura ten a intención de botar a Pedro da casa, pero Pedro garda un ás baixo a manga. Laura ten medo das intencións de Pedro.

04:00 h

LIBRO DE FAMILIA: O pastor eléctrico

A Carmiña non lle aparecen as bragas e anda a buscalas por toda a vila, así que se dedica a buscalas entre as que levan postas as mulleres da vila, entre elas Elvira e Deli.

04:30 h

LIBRO DE FAMILIA: A musa

Os habitantes da vila agardan o permiso para a construcción do invernadoiro. Manuel Cabanas está preocupado porque dubida da postura do alcalde sobre o tema e as malas experiencias no pasado seguen a mantelo en garda contra Pedro.

04:55 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3378

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.

05:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Mona de seda

Cando Carmiña se laia de que non ten ocasións para ir aquelada, os veciños decátanse de canto a aprecian e deciden facerlle uns agasallos. Tanto secretismo leva a Elvira a pensar que ela será a homenaxeada.

05:45 h

LIBRO DE FAMILIA: O inimigo na casa

Pedro loitará duro para facerse co control do invernadoiro. Para facer presión proponlle a Marcos cederlle o seu posto na alcaldía a cambio do seu lugar na directiva do invernadoiro.

06:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Picar o anzol

Cosme trata de manter o segredo da marcha de Freire para axudar a Deli e Tomás. Cosme, aproveitando que é tempada de troitas, argalla con Carmiña un plan arteiro para facer crer a todo o mundo que Freire segue na vila.

06:20 h

LIBRO DE FAMILIA: Festa rachada

Co gallo da fin das obras no invernadoiro de Santalla, os veciños organizan unha gran celebración. Pero non todos son convidados e Elías, por fame, e don Venancio, por arranxar o seu televisor, montan un negociete coas invitacións.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 09.04.2026

div-crtvg-top2

Publicidade