TVG - CSAG
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 383
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O termómetro' asiste hoxe aos labores de busca dun mozo desaparecido no Miño e fala dos riscos dos traballos no campo e da situación límite do sector pesqueiro.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 04.04.2026
Presenta Chus Tanoira.
LABRANZA: LABRANZA 1743
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
DIVINO TESOURO: Linda Pousa e Gael Alberto
Coñecemos a Lindia Pousa e a Gael Alberto. Ela é a actual campioa mundial de wíndsurf na clase “Techno 293” da categoría sub 17, mentres que el é un músico profesional que explora o abraiante mercado laboral dos videoxogos e que acadou un premio no certame Xuventude Crea. Os protagonistas desta semana de ‘Divino tesouro' destacan, respectivamente, na práctica do windsurf e no mundo dos videoxogos.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 108
Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas.
BÍCAME PUCHO
A gala 'Bícame Pucho' celebra hoxe na TVG o legado do mítico cantante Pucho Boeado, cando fai 40 anos do seu pasamento. Desde o Palacio da Ópera da Coruña e presentada pola xornalista María Lamela, contará coa presenza dos artistas que máis dominan o seu repertorio e doutros emerxentes que están reinventando o seu patrimonio musical. Pasarán polo escenario, entre outros, a orquestra Los Satélites ao completo, Paco Lodeiro, Manoele de Felisa, César Romero, Eris Mackenzie e Ortiga.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 04.04.2026
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.04.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.04.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.04.2026
SANSÓN E DALILA: SANSON E DALILA
Os israelís viven baixo o dominio e a ameaza constante dos filisteos, como castigo polas ofensas cometidas contra o seu Deus. Pero este chegará a escoitar as súas súplicas e enviaralles a Sansón, un guerreiro dotado dunha forza invencible que desbarata e humilla os inimigos de Israel, ata que aparece Dalila, a muller máis fermosa e intelixente de todas cantas coñeceu Sansón.
SANSÓN E DALILA: SANSON E DALILA 2
Os israelís viven baixo o dominio e a ameaza constante dos filisteos, como castigo polas ofensas cometidas contra o seu Deus. Pero este chegará a escoitar as súas súplicas e enviaralles a Sansón, un guerreiro dotado dunha forza invencible que desbarata e humilla os inimigos de Israel, ata que aparece Dalila, a muller máis fermosa e intelixente de todas cantas coñeceu Sansón.
GALICIA BONITA: Malpica
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo de reformas de 'Galicia Bonita' porá hoxe a proba o seu bo facer nunha vivenda tradicional de Malpica. As dificultades principais desta obra de grande envergadura estarán na parte posterior da propiedade de Eva e Josi, nun estado de conservación lamentable.
GALICIA BONITA: Monterroso
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia Bonita' atopará esta semana en Monterroso unha das reformas máis complicadas a nivel estrutural. A desmontaxe dun tellado de madeira podrecido centrará os traballos dun equipo enorme de colaboradores na vivenda de Luz e de Jaime.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 04.04.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 04.04.2026
BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 6
‘Bailamos’ abre esta gala con Uxía e Tomás prometendo festa ao son de temas de Raffaella Carrà. Paulo e Mattia recrean o “sirtaki” da película “Zorba, o grego”. Na categoría “sexy”, Hemmelyn e Álex bailan “Ateo” de C Tangana e Nathy Peluso. A Noelia e a Loli tócalles bailar xuntas o “Mentirosa” de Ráfaga, no apartado de verbena. Paco e Iria recrean o tema central da película “Pulp Fiction” e Ángel e Nely atinxen un nivelazo con “Blinding Lights” de The Weeknd. A esixencia do xurado e os segredos e confesións. Dos concursantes marcarán hoxe un antes e un despois en 'Bailamos'. O programa chega ao ecuador con actuacións que, segundo os xuíces, non están á altura, e coas primeiras votacións en negativo entre os aspirantes.
ESPARTACO
Espartaco (Spartacus) narra a historia dun escravo tracio que, tras ser sometido ao adestramento como gladiador no Imperio romano, lidera unha revolta contra a opresión. Xunto con outros escravos fuxidos, organiza un exército que desafía o poder de Roma e loita pola liberdade e a dignidade humana. A rebelión enfróntase á maquinaria militar e política romana, representada por figuras ambiciosas e autoritarias, e remata cun desenlace tráxico que subliña tanto o custo da resistencia como o valor simbólico da loita pola liberdade.
A LENDA DO SANTO BEBEDOR
En París, no peirao do Sena, un estraño personaxe achégase ao borracho Andreas Kartak, exiliado da minería Silesia despois do asasinato involuntario do home da súa querida e entrégalle douscentos francos co encargo de que, cando queira e poda, deberaos levar á igrexa de Santa María de Santignolles. O seu anónimo doante fixera unha promesa e quere agora cumprila pero para o protagonista comeza agora un verdadeiro calvario.
LABRANZA: LABRANZA 1743
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.