div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 984

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

08:00 h

ESPECIAL RELIXIOSO: Procesión Cristo da Misericordia Ferrol

En directo. A TVG conectará con Ferrol para vivir a Procesión Nocturna do Cristo da Misericordia, unha das máis solemnes e multitudinarias da cidade. Organizada pola Confraría das Dores, inclúe máis de 1.800 confrades, sete pasos, gran fervor popular e nove bandas de música.

09:30 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 03.04.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 54

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:20 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 101

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:55 h

SOÑO CONTIGO: Tralos pasos

Espazo presentado por Alba Mancebo e o personaxe de Liciña, que emprega as novas tecnoloxías ao servizo de formatos audiovisuais inéditos. A vista de dron, amósalle á audiencia da TVG a paisaxe e os costumes galegos. A Televisión de Galicia ofrece esta tarde unha edición especial do programa 'Soño Contigo' dedicada á Semana Santa. Alba Mancebo e a dron Liciña percorrerán Galicia e pararán nos lugares coas celebracións máis coñecidas, co toque do humor e a vistosidade das imaxes que caracterizan este espazo.

11:55 h

SOÑO CONTIGO: Tras os pasos

Espazo presentado por Alba Mancebo e o personaxe de Liciña, que emprega as novas tecnoloxías ao servizo de formatos audiovisuais inéditos. A vista de dron, amósalle á audiencia da TVG a paisaxe e os costumes galegos. A Televisión de Galicia ofrece hoxe unha edición especial do programa 'Soño Contigo' dedicada á Semana Santa. Alba Mancebo e a dron Liciña percorrerán Galicia e pararán nos lugares coas celebracións máis coñecidas, co toque do humor e a vistosidade das imaxes que caracterizan este espazo.

12:30 h

ESPECIAL RELIXIOSO: Procesión Santo Encontro Ferrol

En directo, un dos momentos máis emotivos da Semana Santa ferrolá. Declarada Festa de Interese Turístico Internacional, esta cita rexistra a asistencia de preto de 10.000 persoas cada ano. Nun ambiente de recollemento, encóntranse na praza de Armas os pasos de Jesús Nazareno e de San Juan, Verónica e a Virxe das Dores.

14:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 03.04.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 03.04.2026

A Televisión de Galicia continúa coa súa aposta por levar os seus informativos ao territorio coa emisión este venres do ‘Telexornal Mediodía’ en directo desde Ferrol, coincidindo coa celebración do Venres Santo. O informativo estará presentado por Carlos Amado.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 03.04.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 03.04.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 770

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Último programa desta semana no 'Atrápame se podes' e os concursantes deben espelirse se queren levar o bote. Por un premio de 23.500 euros pelexan hoxe Iván, de Ames; Benito, da Coruña; Inma, de Ribadeo; Charo, de Cambre, e Clara, de Lugo.

16:30 h

OS ELIXIDOS: O agasallo de voda

Produción de éxito internacional baseada na vida de Xesús de Nazaret, é un drama histórico que ofrece unha visión próxima e humana da figura de Xesús, a través das persoas que o coñeceron. Nicodemo interroga a Xoán o Bautista, mentres Xesús e os seus discípulos se dirixen a unha voda en Canaán. Cando o viño se esgota, María pídelle ao seu fillo que interveña para axudar a familia de novo.

17:20 h

OS ELIXIDOS: Unha paixón indescritible

Produción de éxito internacional baseada na vida de Xesús de Nazaret, é un drama histórico que ofrece unha visión próxima e humana da figura de Xesús, a través das persoas que o coñeceron. Tras presenciar a curación dun leproso no camiño a Cafarnaún, unha muller etíope axuda o seu amigo paralítico a encontrar a Xesús entre a multitude.

18:10 h

OS ELIXIDOS: Invitacións

Produción de éxito internacional baseada na vida de Xesús de Nazaret, é un drama histórico que ofrece unha visión próxima e humana da figura de Xesús, a través das persoas que o coñeceron. Mentres Mateo loita por darlles sentido lóxico aos milagres dos que foi testemuña, Nicodemo finalmente reúnese en segredo con Xesús.

18:45 h

OS ELIXIDOS: Eu son el

Produción de éxito internacional baseada na vida de Xesús de Nazaret, é un drama histórico que ofrece unha visión próxima e humana da figura de Xesús, a través das persoas que o coñeceron. Tras unha visita milagrosa á casa de Simón, Xesús e os seus discípulos abandonan Cafarnaún mentres están baixo presión das autoridades relixiosas e romanas. Xesús encóntrase cunha muller rota polo sufrimento e anúncialle que El é o Mesías.

19:30 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 985

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 03.04.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 03.04.2026

21:35 h

LUAR: LUAR 1478

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Susana Seivane, Marlene Mourreau e Kid Mount poñen ritmo e ambiente festivo este Venres Santo en 'Luar'. Tamén os galegos Antonio Barros, Manuel DeAndrade, Orquesta Solara e a Agrupación Solleirada achegarán música para todos os gustos no programa.

00:30 h

VIVE A SEMANA SANTA 2026: Procesión dos Caladiños (Viveiro)

En directo desde Viveiro, unha das procesións máis singulares de Galicia, marcada polo silencio, que sae da igrexa de San Francisco e conclúe na mesma cun canto popular da Salve.

01:30 h

GANDHI

Despois de defender os dereitos dos seus compatriotas en Suráfrica, Mahatma Gandhi, ao considerar que tamén os indios eran cidadáns de segunda clase na súa propia terra, incítaos a sublevarse contra o Imperio Británico mediante a doutrina da non violencia e da desobediencia civil, liderando o movemento que levou a India, ata entón unha colonia, a independizarse dos británicos nos anos corenta.

04:40 h

LIBRO DE FAMILIA: Sentido pésame

Laura está contentísima pola volta do seu fillo. Marcos fíxose un home e xa é un señor avogado. Ao fin, parece que madurou. Álvaro tamén ten os seus motivos para alegrarse, pois espera que con el a sombra de Pedro desapareza para sempre.

div-crtvg-top2

Publicidade