TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 01.04.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 01.04.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O AGRO: O AGRO 01.04.2026
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 99
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión na esteira centrada no traballo de cardio e forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais falan da importancia da respiración durante o adestramento.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 383
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O termómetro' asiste hoxe aos labores de busca dun mozo desaparecido no Miño e fala dos riscos dos traballos no campo e da situación límite do sector pesqueiro.
MIRA TI: MIRA TI 13
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 01.04.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 01.04.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 01.04.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 01.04.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 768
Un gran premio de 23.300 euros está agardando por un concursante que acerte as cinco preguntas do 'Minuto final'. Clara, de Lugo; Inma, de Ribadeo; Charo, de Cambre; Iván, de Ames, e Benito, da Coruña, son os candidatos desta semana a levar o bote.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1309
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 983
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 01.04.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 01.04.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 75
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. ‘A túa cara fáiseme coñecida’ volve esta noite ao ‘Land Rober + Show’, cunha coñecida cantante galega como xurado.
BÍCAME PUCHO
A gala 'Bícame Pucho' celebra hoxe na TVG o legado do mítico cantante Pucho Boeado, cando se fan 40 anos do seu pasamento. Desde o Palacio da Ópera da Coruña e presentada pola xornalista María Lamela, contará coa presenza dos artistas que máis dominan o seu repertorio e doutros emerxentes que están reinventando o seu patrimonio musical. Pasarán polo escenario, entre outros, a orquestra Los Satélites ao completo, Paco Lodeiro, Manoele de Felisa, César Romero, Eris Mackenzie e Ortiga.
UNHA TERAPIA PERIGOSA
Paul Vitti é un mafioso moi importante de Nova York que sofre unha crise aguda de ansiedade. O motivo é que se vai celebrar unha reunión onde se decidirá quen vai ser o xefe de todos os xefes. Aterrado, vai ver un psiquiatra, que está divorciado e a punto de volver casar. O psiquiatra verase obrigado a aceptar facerlle terapia e tamén esquecerse da súa vida privada porque terá que estar dispoñible día e noite para calquera cousa se non quere acabar de mala maneira.
LIBRO DE FAMILIA: Santos lugares
A marcha de Tomás da vila traerá unhas consecuencias inesperadas para todos. Para María, un infinito desconsolo e, para Freire e Manuel, un enorme desconcerto e un maletín cheo de cartos para loitar contra o encoro.
LIBRO DE FAMILIA: Un home de palabra
Tras conseguir parar as máquinas no cemiterio, só cabe preguntarse quen foi capaz de xestionar un asunto tan complicado en tan curto prazo. Unha maleta na casa de Laura sacaraos de dúbidas.
LIBRO DE FAMILIA: De sol a sol
Os veciños seguen enfrontados polas terras. Por unha parte, Manuel e Freire pretenden seguir adiante co seu plan de traballar as terras. Marcial e os demais, que venderon á compañía, non o pensan consentir. Comezan as ameazas e os feitos consumados.
LIBRO DE FAMILIA: Santalla cañí
María segue nerviosa por non recibir noticias de Tomás. Unha vez máis, pídelle consello á súa tía Deli. A moza cre que Tomás xa non está interesado nela.
LIBRO DE FAMILIA: Hixiene bucal
Laura está moi contenta polo labor realizado no campo axudando os campesiños para recuperar as súas terras. Axiña a poñen ao tanto das desfeitas realizadas nos campos.