TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 30.03.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 30.03.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 53
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 97
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión na esteira centrada no traballo de cardio e forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais contan momentos divertidos, como cando Anxo deixou a Noemi encerrada no baño.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 381
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A situación en Irán, restricións de auga en Laxe e varios roubos recentes, temas a análise hoxe en ‘O termómetro'.
MIRA TI: MIRA TI 11
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 30.03.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 30.03.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 30.03.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 30.03.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 766
Principiamos outra semana no 'Atrápame se podes' e temos cinco novos concursantes, que chegan dispostos a levar un bote que alcanzou xa os 23.200 euros. Rodrigo Vázquez recibe no estudio a Benito, da Coruña; Charo, de Cambre; Clara, de Lugo; Inma, de Ribadeo, e Iván, de Vilagarcía de Arousa.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1307
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 981
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 30.03.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 30.03.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 73
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O ‘Land Rober + Show’ ten hoxe como convidados unha xornalista que acaba de publicar unha novela e un cantante que comeza xira.
EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO 13. O CRIME DE MONFERO. O MISTERIO DE ABUÍN
‘Expediente oculto’ analiza o caso de Vanesa e Isabel: unha obsesión enfermiza por ser nai que desemboca nun embarazo finxido, un bebé roubado e un cadáver oculto nunha tumba compartida cun can. O programa achégase tamén ás ruínas da aldea de Abuín, en Rianxo, un lugar abandonado rodeado pola lenda dunha maldición tras o asalto ao mosteiro de Armenteira. O macabro crime de Monfero e a lenda da aldea maldita de Abuín, protagonista esta noite en 'Expediente Oculto'. O programa tamén abordará as novas medidas de protección contra a submisión química, como as pulseiras sentinela.
JOHNNY ENGLISH ATACA OUTRA VEZ
Cando un ciberataque revela a identidade de todos os axentes secretos en activo de Reino Unido, Johnny English, un axente secreto retirado, convértese na única esperanza do servizo secreto. Para atopar o hácker e como as súas habilidades son bastante limitadas, English deberá esforzarse para superar os desafíos tecnolóxicos da era moderna.
LIBRO DE FAMILIA: Cambio horario
O cambio de hora sorprendeu uns cantos en Santalla e quedaron durmidos. O problema é que como Carmiña foi unha das descoidadas o ultramarinos quedou sen abastecemento de pan.
LIBRO DE FAMILIA: Reféns
Para alegría de todos, Sara volveu a casa tras unha longa estancia no hospital. Aínda está débil. O panorama que se atopa non lle axuda moito, xa que as cousas na casa non están ben.
LIBRO DE FAMILIA: Un colchón de muelles
A compañía, da man de Tomás e Varela, comezou a pagarlles aos santalleses polas súas terras. Co diñeiro polo medio comeza a crearse unha gran tensión entre os labregos, os que non venderon e os que están comezando a cobrar.
LIBRO DE FAMILIA: A alcaldesa
Senén xa é o novo alcalde de Santalla. Elvira non tarda en emborracharse de poder, perder o xuízo e comezar a esixirlle a todo o mundo que a trate como á mesmísima Carmen Polo.
LIBRO DE FAMILIA: Andazo
A tensión vai en aumento entre os veciños. Os que venderon as terras á compañía intentan presionar os que aínda resisten. Varela séntese encantado, pois o divide e vencerás parece estar facendo efecto.