div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 379

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O espazo ‘O termómetro’ aborda hoxe as reclamacións dos autónomos fronte ao impacto económico da guerra, roubos e vandalismo, e os riscos da meninxite.

08:55 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1179

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 28.03.2026

Presenta Chus Tanoira.

10:15 h

LABRANZA: LABRANZA 1764

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

10:50 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3374

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O Día das Artes Galegas, que o vindeiro 1 de abril homenaxea o fotógrafo e cineasta José Suárez, ocupará o tempo do 'Zigzag'.

11:15 h

DIVINO TESOURO: ALICIA SÁNCHEZ E DAMIÁN SILVA

Retrato da mocidade galega que racha estereotipos. O programa dá voz a mozos e mozas de entre 16 e 26 anos, que xa destacan como campións, influencers, investigadores ou emprendedores. A campioa do mundo de K1 e o patrón de pesca máis novo de Galicia serán hoxe protagonistas en 'Divino Tesouro'.

11:50 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 106

Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas. Javier, natural de Sarria; Pablo, de Ourense, e Sergio, de Arteixo, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

12:40 h

LUAR: LUAR 1476

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Nova fase de 'Recantos' hoxe en 'Luar', que conta coa música de Sabela, la Década Prodigiosa e Hydn. Esta edición, dedicada á beleza, ofrecerá tamén as actuacións musicais da Orquestra Fuego e Brisas do Quenllo, e co humor de Todo Mal e Sabela Grilo.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 28.03.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 28.03.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 28.03.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:25 h

NO FOCO: NO FOCO 28.03.2026

Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

15:50 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 28.03.2026

15:55 h

O VIRXINIANO: A muller de White Wing

Inspirado no medio rural americano, este wéstern relata o día a día dun vaqueiro sen nome alcumado 'O Virxiniano'.

17:10 h

GALICIA BONITA: A Fonsagrada

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo de 'Galicia Bonita' ponse en marcha hoxe para enfrontarse nesta nova temporada a todo tipo de retos e dificultades. Coa incorporación de dous albaneis, o programa tamén acometerá nesta etapa traballos en edificacións tradicionais, como a vivenda que hoxe intentarán recuperar na Fonsagrada.

18:40 h

GALICIA BONITA: Boborás

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo de reformas de 'Galicia Bonita' trasládase esta semana á comarca do Carballiño para afrontar unha obra en Boborás. O déficit de persoal, a dispersión da propietaria e a falta de acordo coa arquitecta sobre as zonas máis necesitadas dunha reforma anticipan unha intervención complicada.

20:05 h

MIRA TI (FIN DE SEMANA): MIRA TI (FIN DE SEMANA) 4

Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos da semana nos programas da TVG.

20:30 h

FÚTBOL PRIMEIRA DIVISIÓN RFEF: Spórting de Xixón-R. C. Deportivo da Coruña

A TVG conectará co estadio Molinón para ofrecer a previa máis completa e a partir das nove da noite contar o enfrontamento dos herculinos ante o Spórting de Xixón. Coa narración de Óscar Benito, sobre o céspede haberá tres puntos en xogo que son necesarios para os dous equipos na carreira polo ascenso á Primeira División.

21:00 h

FÚTBOL PRIMEIRA DIVISIÓN RFEF: SPORTING DE XIXÓN - R.C. DEPORTIVO DA CORUÑA

21:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 28.03.2026

21:50 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 28.03.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

22:55 h

BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 5

Novo gran formato de baile e 'reality' para a noite dos sábados. Arturo Fernández presenta esta temporada do programa, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado. Emoción e tensión, esta noite, nunha nova gala de ‘Bailamos’, en que cobra protagonismo a xestión do ego. O público poderá votar por primeira vez o seu favorito, mentres que Loli segue no punto de mira tras o seu 12 da semana pasada, e as discrepancias entre os concursantes comezan a facerse evidentes.

23:55 h

HEICHO CANTAR QUERIDIÑA: AS VIAXES

Programa musical presentado por Luís Iglesia, en que artistas de todo o mundo interpretan versións das cancións máis variadas.

01:00 h

HEICHO CANTAR QUERIDIÑA: AS VIAXES

Programa musical presentado por Luís Iglesia, en que artistas de todo o mundo interpretan versións das cancións máis variadas.

02:45 h

CONFIDENCIAS

Un vello profesor, que vive só e illado na súa contorna cultural, ve como a súa tranquilidade se ve perturbada pola intrusión dunha condesa, a súa filla e o amante desta, que, a toda costa, pretenden instalarse no ático que este mantiña desocupado.

03:50 h

LIBRO DE FAMILIA: Agasallos de aniversario

A conciencia comeza a xogarlle malas pasadas a Tomás. Tamén está sometido a moitísima presión, polo familiar e polos negocios con Varela, e estálle custando moi caro todo este asunto.

04:50 h

LIBRO DE FAMILIA: Sedutores

A relación entre Freire e Tomás, pai e fillo, parece esgotada. Freire non cede, non atende a razóns a pesar de que Tomás intenta achegarse a el para intentar salvar os seus vínculos familiares.

05:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Cambio horario

O cambio de hora sorprendeu uns cantos en Santalla e quedaron durmidos. O problema é que como Carmiña foi unha das descoidadas o ultramarinos quedou sen abastecemento de pan.

div-crtvg-top2

Publicidade