TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 27.03.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 27.03.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe unha entrevista con Ransés Pérez Boga, inspector de Facenda.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 52
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 96
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión na esteira centrada no traballo de cardio e forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais falan da roupa que usan para durmir e de como adaptan a roupa de cama segundo a temperatura.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 380
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Ás portas da Semana Santa, ‘O termómetro’ achega as previsións meteorolóxicas, a axenda das procesións e fala do 90 aniversario do fundador de Inditex.
MIRA TI: MIRA TI 10
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 27.03.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 27.03.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 27.03.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 27.03.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 765
Quinto e último día no 'Atrápame se podes' para esta tripulación de concursantes formada por Sergio, de Cambados; Carla, de Arcade; Pablo, do Incio; Fran, da Coruña, e Manuela, de Gomesende. Os 23.200 euros do bote agardan a que un deles consiga descifrar as cinco preguntas que ten Rodrigo Vázquez agochadas no 'minuto final'.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1306
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 980
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 27.03.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 27.03.2026
LUAR: LUAR 1477
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Efecto Pasillo, Astarot e Alana presentan novos sinxelos en 'Luar', esta noite con temática animal. O espazo complétase coas actuacións de Ultreia, Nuevo Tango e o espectáculo de Noelia Rey, xunto ás intervencións humorísticas de Todo Mal e Rosita de Penelas.
MALAS PÉCORAS: MALAS PÉCORAS 2
Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas.
ONDE ESTÁS, MAMÁ
Patrick, un home xordo que deixaron de neno nun centro de acollida, busca a súa familia para presentarlle a súa muller, que está embarazada. Pensa que seus pais son André e Laurence Prioux e métese na súa casa, pero este matrimonio non tivo fillos e non entende nada. O matrimonio buscará unha posible explicación.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 27.03.2026
Presenta Raúl Quián.
LIBRO DE FAMILIA: La de ovella
O conflito polo encoro segue a provocar unha gran crispación veciñal e tamén entre os propios implicados no proxecto. Mentres que Pedro continúa cos seus intentos de gañarse a confianza de Laura, Manuel e Freire seguen á marxe do proxecto.
LIBRO DE FAMILIA: Nenos de anuncio
Unha marca de galletas convocou un concurso. Seleccionarán un neno para que protagonice a súa campaña publicitaria. Unha feroz competición entre Mercedes, Carmiña e Deli comezará por decidir quen é máis guapo: Armandiño ou Lolo.
LIBRO DE FAMILIA: Sedutores
A relación entre Freire e Tomás, pai e fillo, parece esgotada. Freire non cede, non atende a razóns a pesar de que Tomás intenta achegarse a el para intentar salvar os seus vínculos familiares.
LIBRO DE FAMILIA: Contratos de traballo
Freire está ao límite das súas forzas. O enfrontamento co seu fillo estalle minando.