TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 26.03.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 26.03.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 51
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 95
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión na esteira centrada no traballo do core e da zona lumbar. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais falan das viaxes que fixeron, dos lugares que visitaron e daqueles destinos aos que lles gustaría ir.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 379
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O espazo ‘O termómetro’ aborda hoxe as reclamacións dos autónomos fronte ao impacto económico da guerra, roubos e vandalismo, e os riscos da meninxite.
MIRA TI: MIRA TI 9
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 26.03.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 26.03.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 26.03.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 26.03.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 764
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. O bote do programa chegou aos 22.900 euros e veñen hoxe dispostos a facerse con el Pablo, do Incio; Manuela, de Gomesende; Sergio, de Cambados; Carla, de Arcade, e Fran, da Coruña. Todos deben ir superando as distintas fases do xogo para teren opcións de levar o gran premio no 'Minuto final'.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1305
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 979
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 26.03.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 26.03.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 72
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Un profesor da USC visita hoxe o ‘Land Rober + Show’, que sorprenderá cunha delicia culinaria e cun divertido sketch sobre as vacacións de Semana Santa.
SOMOS ANIMAIS: "ODI E PIPOCA BRUNA"
Programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensinará a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais. Unha egua medrosa e unha cadela con diabetes, os retos desta semana en 'Somos Animais'. Hugo Cabaleiro e os expertos do programa axudan a Odi, unha egua que foxe por medo, e unha cadela de Vigo que non acepta as inxeccións diarias de insulina.
COLLIDOS NAS PATACAS
A gaita, galega!. Como mercar un barco de recreo.
A SORTE DOS LOGAN
Jimmy Logan decide romper coa maldición familiar planeando un atrevido roubo durante unha das carreiras da NASCAR máis importantes do ano. Para iso, conta coa axuda do seu irmán Clyde, un veterano de guerra manco, e de Joe Bang, un experto en explosivos encarcerado. Xuntos, e cun equipo improvisado, levan a cabo o golpe, pero tralo roubo nada sae como estaba previsto.
LIBRO DE FAMILIA: Trato feito
A ameaza que a construción do encoro supón para Santalla segue a centrar a atención de todos os veciños da vila.
LIBRO DE FAMILIA: Santa Rita, Rita
Todos en Santalla están moi contentos pola estratexia levada a cabo por don Venancio para enganar a Elvira sobre o verdadeiro paradoiro de Cosme.
LIBRO DE FAMILIA: A arca da perdición
Todo o mundo se pon nervioso a propósito da noticia do proxecto do encoro, sobre todo, despois de que Pedro deixase a Tomás en evidencia e só ante o perigo intentando desvincularse do proxecto.
LIBRO DE FAMILIA: La de ovella
O conflito polo encoro segue a provocar unha gran crispación veciñal e tamén entre os propios implicados no proxecto. Mentres que Pedro continúa cos seus intentos de gañarse a confianza de Laura, Manuel e Freire seguen á marxe do proxecto.
LIBRO DE FAMILIA: Os prismáticos
Na vila de Santalla hai un enxeñeiro chegado hai pouco para supervisar os labores de prospección e dirixir os estudos xeolóxicos cara á construción do encoro, aínda que non é seguro que se vaia construír.