TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 24.03.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 24.03.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O AGRO: O AGRO 24.03.2026
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 93
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 377
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A suba do combustible, a situación actual en Cuba, o comezo da campaña da sardiña e as alerxias, hoxe a análise en 'O Termómetro'.
MIRA TI: MIRA TI 7
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 24.03.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 24.03.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 24.03.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 24.03.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIII 762
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Fran, da Coruña; Sergio, de Cambados; Carla, de Arcade; Manuela, de Gomesende, e Pablo, do Incio, son os concursantes no día de hoxe. O obxectivo de todos é levar o bote, que comeza o programa nos 22.400 euros. Quen chegue ao 'Minuto final' debe acertar as cinco preguntas para conseguilo; en caso contrario, tense que conformar con 100 euros por cada resposta correcta.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1303
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 977
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 24.03.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 24.03.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 70
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O programa monta esta noite unha verbena no estudio, coa visita dunha das agrupacións musicais máis recoñecidas.
LATITUDE GALEGA: Cidade de México
Conducido por Alba Mancebo e Perico Balado, novo programa de viaxes que percorre diferentes lugares do mundo a través das experiencias dos galegos que viven no exterior. Cidade de México, a gran metrópolo latinoamericana, nova parada de 'Latitude Galega'. Alba Mancebo visita a inmensa capital mexicana, centro económico e cultural de América Latina, e percórrea xunto a cinco galegos asentados na urbe.
GALEGOS NO MUNDO: Glasgow
Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 420
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid. Presentado por María Cheda.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 24.03.2026
Presenta Raúl Quián.
LIBRO DE FAMILIA: O home do tempo
A Román acumúlanselle os problemas, está enfurecido pola estafa de Marcos e non o quere volver ver. Ademais, Senén entrégalle unha carta coa comunicación de que o Ministerio se pon en contra da construción das casas baratas.
LIBRO DE FAMILIA: Tres veces neno
Un acontecemento inesperado sacudirá a vida dos Cabanas, os Lamela e os Freire e provocará un antes e un despois na vila de Santalla. O alcalde, don Román, verase obrigado a fuxir da localidade, atrapado polos seus enganos e malas artes.
LIBRO DE FAMILIA: Sospeitas fundadas
A marcha de don Román, o alcalde, provoca alarma en Santalla: todo o mundo fala da súa repentina desaparición. Pero, á marxe disto, a vida continúa e as familias seguen enfrontándose aos seus problemas cotiáns.
LIBRO DE FAMILIA: Pequeno saltamontes
A Milucho deúselle polas filosofías orientais. Concentrado no todo, no infinito, imparte regras morais e combate todo que se lle pon por diante. Por outro lado, a preocupación por Sara inunda a casa dos Cabanas, xa que segue ingresada no hospital.
LIBRO DE FAMILIA: Paparotas
A noticia da fuxida de don Román está na boca de todos, xa que, despois de varios días, ninguén coñece o seu paradoiro. A ausencia de Cosme tamén comeza a ser preocupante, María atopa a nota que deixou e non acaba de comprender a súa marcha.