TVG - CSAG
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 374
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O programa interésase hoxe pola situación de Cuba e a suba do prezo do combustible, amais de abordar unha serie de denuncias veciñais e calotes.
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1178
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 21.03.2026
Presenta Chus Tanoira.
LABRANZA: LABRANZA 1763
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
ZIGZAG: ZIGZAG 3368
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.
DIVINO TESOURO: DÉBORA POUSA E JOEL RIBEIRO
Coñecemos a Débora Pousa e a Joel Ribeiro. Ela é unha moza emprendedora que con tan só 25 anos montou unha clínica de podoloxía rachando cos estereotipos da idade, mentres que el acumula trofeos e medallas na modalidade de “Solo Dance” de patinaxe artística, da que é campión de Europa.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 104
Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas.
LUAR: LUAR 1475
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. As emblemáticas cancións da artista Helena Bianco e do grupo Zapato Veloz soarán esta noite no escenario de 'Luar'. O programa tamén ofrecerá as actuacións da banda galega de rock Mar de Fondo, da orquestra Kubo, da Rondalla Nas Ondas do Mar e de Virginia, gañadora da última edición da ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 21.03.2026
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 21.03.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 21.03.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
NO FOCO: NO FOCO 21.03.2026
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 21.03.2026
GALICIA BONITA: Zas
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia bonita' afronta hoxe o reto de recuperar unha vella escola unitaria de Zas como local social. Propietarios e veciñanza traballarán arreo co equipo do programa, capitaneado por Rosa Facal, para sacar o proxecto adiante, mentres saen á luz as diferenzas de criterios.
GALICIA BONITA: Foz
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia Bonita' ponse mans á obra para darlle unha nova vida un pendello situado nunha contorna única de Foz. Continuos cambios na reforma provocarán diferenzas entre o equipo do programa e os familiares dos propietarios do alpendre.
IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 25
Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio. Inda e Julio acoden con ‘Imos ao choio’ á chamada duns pais de Narón que queren sorprender ao seu fillo.
SOMOS ANIMAIS: Pegaso e Tessa
Programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensinará a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais. O programa 'Somos animais' estará hoxe cunha das mellores especialistas en cabalos do país. Ademais, o experto do espazo da TVG terá que educar unha pastora alemá para que a tranquilidade volva á casa do seu dono.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 21.03.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 21.03.2026
GALA: GALA PREMIOS MESTRE MATEO 2026
O QUE ARDE
Ninguén agarda a Amador cando sae do cárcere tras cumprir condena por provocar un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida nas montañas lucenses, onde volverá convivir, ao ritmo sosegado da natureza, coa súa nai, Benedicta, a súa cadela Lúa e as súas tres vacas.
O REPORTEIRO
David Locke é un reporteiro estadounidense desilusionado que é enviado a unha misión esgotadora ao norte de África. Cando tropeza co corpo dun home morto, Locke ve a oportunidade de comezar unha nova vida e asume a identidade do cadáver, pero axiña descobre que o home polo que se fai pasar é un pistoleiro dun grupo terrorista. Locke coñece unha misteriosa muller e descobre que se trata dun espírito moi afín, xa que está tan perdida como el. O reporteiro comeza unha perigosa investigación sobre as distintas intrigas políticas internacionais que posibilitan réximes ditatoriais, o que o levará a correr situación de verdadeiro perigo.
LIBRO DE FAMILIA: Ovella negra
Elvira e Elías inician unha competición no mercado de artigos relixiosos. Elvira intenta reavivar o seu negocio coa venda de "santos benditos", mentres que, por outra parte, Elías inventa o "Sagrado Corazón Dinámico", unha figura sagrada e única no mundo.
LIBRO DE FAMILIA: O país da fantasía
Cosme atopa unha cadeliña e, aínda que os Cabanas non a queren na súa casa, Carmiña cobiza quedar con ela: moi encariñada, quere facer dela unha estrela.
LIBRO DE FAMILIA: O tour de Santalla
O corazón de Laura está confundido. Bota de menos ao seu fillo e a Tomás. A aparición de Marcos daralle aire novo. Anímao a que vaia ver a María e que intente recuperar o seu amor.