div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 20.03.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 20.03.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 49

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 91

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión de corpo completo utilizando o pau. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais cóntannos como eran de pequenos, que profesións soñaban ter e algunhas anécdotas graciosas daquela época.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 375

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Na véspera do Día da Síndrome de Down, o programa abordará tamén hoxe a caída de prezos nas prazas de Abastos galegas e o coidado dos fillos sen o apoio dos avós .

13:45 h

MIRA TI: MIRA TI 5

Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 20.03.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 20.03.2026

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 20.03.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 20.03.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 760

Quinto e último día no 'Atrápame' para esta tripulación de concursantes formada por Paula, de Vilagarcía de Arousa; Suso, de Santiago de Compostela; Toño, de Santiago de Compostela; Alba, de Ourense, e Cris, de Arteixo. Os 22.000 euros do bote agardan a que un deles consiga descifrar as cinco preguntas que ten Rodrigo Vázquez agochadas no 'minuto final'.

16:30 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1301

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 975

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 20.03.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 20.03.2026

21:40 h

LUAR: LUAR 1476

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Nova fase de 'Recantos' hoxe en 'Luar', que conta coa música de Sabela, la Década Prodigiosa e Hydn. Esta edición, dedicada á beleza, ofrecerá tamén as actuacións musicais da Orquestra Fuego e Brisas do Quenllo, e co humor de Todo Mal e Sabela Grilo.

00:30 h

MALAS PÉCORAS: MALAS PÉCORAS 1

Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas. A psicóloga e sexóloga Vanessa Rodríguez e Boris Izaguirre serán os primeiros convidados do programa.

01:30 h

O DERRADEIRO BUS

Tom Harper, un xubilado nonaxenario ao que lle acaba de falecer a esposa, deixa atrás a vila illada en que vive desde hai medio século, situada no punto máis setentrional de Gran Bretaña, para viaxar á súa cidade natal, no extremo máis meridional do país. Co fin de cumprir coa promesa que lle fixo á súa finada muller, revivirá o seu pasado e descubrirá o mundo moderno e unha diversidade cultural que ata daquela descoñecía.

02:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 20.03.2026

Presenta Raúl Quián.

03:25 h

LIBRO DE FAMILIA: O ermitán

A lenda sobre a presenza dunha especie de santo nunha ermida e a aparición dun mendigo pola vila fan traballar a imaxinación de Elías, Carmiña e Milucho: o suposto santo realiza milagres a cambio de favores. Carmiña fará todo o que a misteriosa voz lle pida.

04:35 h

LIBRO DE FAMILIA: Bandoleiros

Como Robin Hood nos bosques de Sherwood, Elías e Carmiña xogan a converterse en defensores dos pobres e oprimidos nos montes de Santalla e, para que teñan que comer, roubaranlle aos ricos. Porén, estas trasnadas non durarán moito, pois axiña toparán coa igrexa.

05:45 h

LIBRO DE FAMILIA: A vida é unha tómbola

A igrexa de Santalla precisa unhas reformas urxentes e o alcalde di que non ten fondos para sufragalas. Por iso, Elvira propón organizar unha tómbola en que todos os veciños participarían coa doazón de obxectos.

div-crtvg-top2

Publicidade