div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 19.03.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 973

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

09:30 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 19.03.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:55 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 49

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 90

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión na esteira centrada no traballo do 'core' e da zona lumbar. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais falan das súas series favoritas e dos debuxos que vían de pequenos.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 374

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O programa interésase hoxe pola situación de Cuba e a suba do prezo do combustible, amais de abordar unha serie de denuncias veciñais e calotes.

13:45 h

MIRA TI: MIRA TI 4

Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 19.03.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 19.03.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 19.03.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 19.03.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 759

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. O bote do programa está xa nos 21.600 euros e veñen hoxe dispostos a facerse con el Cris, de Arteixo; Toño, de Santiago de Compostela; Suso, tamén de Santiago; Paula, de Vilagarcía de Arousa, e Alba, de Ourense. Todos deben ir superando as distintas fases do xogo para poderen loitar polo gran premio no 'Minuto final'.

16:30 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1300

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 974

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 19.03.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 19.03.2026

21:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 68

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Coa axuda do público e dunha coñecida cómica, ‘Land Rober + Show’ tratará esta noite distintos temas relacionados co amor.

22:40 h

SOMOS ANIMAIS: "LANAS E ZALIKA"

Programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensinará a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais. ‘Somos animais’ intentará hoxe axudar dous cans con problemas de adaptación. Un deles amosa traumas dunha vida pasada e ten medo a todo, mentres que a outra cambiou o campo pola cidade e cada paseo pola rúa é un drama.

23:35 h

COLLIDOS NAS PATACAS

A audiencia aprenderá a pescar o polbo con nasa e a distinguir a simple vista os octópodos máis saborosos. Tamén saberá como pasou a ser un prato típico das vilas do interior e como se fai o verdadeiro polbo á feira.

00:35 h

AXENTE OCULTO

Thriller psicolóxico baseado na historia real do estafador Robert Freegard, un cruel e desapiadado home que finxía ser un axente do servizo de seguridade británico do MI5 para manipular e roubar as súas vítimas. Durante a década de 1990, ante a ameaza de colocación de bombas por parte do IRA, o goberno británico despregou axentes encubertos para desenmascarar o grupo terrorista. Baixo esta premisa, Robert Freegard fíxose pasar por axente do MI5 para perpetrar os seus calotes. Só unha das súas antigas vítimas, a avogada Alice Archer, é a única que pode conseguir desvelar a súa verdadeira identidade.

02:25 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 759

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez.

03:25 h

LIBRO DE FAMILIA: Fumando espero

04:40 h

LIBRO DE FAMILIA: Sor catro latas

05:45 h

LIBRO DE FAMILIA: O ermitán

A lenda sobre a presenza dunha especie de santo nunha ermida e a aparición dun mendigo pola vila fan traballar a imaxinación de Elías, Carmiña e Milucho: o suposto santo realiza milagres a cambio de favores. Carmiña fará todo o que a misteriosa voz lle pida.

05:45 h

LIBRO DE FAMILIA: As casas baratas

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 19.03.2026

div-crtvg-top2

Publicidade