TVG - CSAG
AMOR NA REDE
Programa en que os participantes buscan atopar a súa parella ideal. Formato de dating, que conta co asesoramento de psicólogos expertos na busca de parella e cun emprego activo das redes sociais.
UNHA BOA PERSOA
Allison teno todo na vida, pero, tras verse implicada nun tráxico accidente de tráfico no cal morre a irmá do seu prometido e o seu home, acaba adicta aos opiáceos e sen forzas para vivir. Unha inesperada amizade co que ía ser o seu sogro fará que intente saír adiante.
LIBRO DE FAMILIA: Faltas contra o sexto
Os nenos comezan a descubrir certa pulsión que lles acompañará o resto das súas vidas: as mozas do calendario de Elías. De aí ás pernas de Carmiña, Deli... e de todas as mulleres que se poidan imaxinar. Pero, coa Igrexa topamos.
LIBRO DE FAMILIA: Camisas de once varas
Manuel segue empeñado en deixar Santalla para buscar traballo na Coruña. As implicacións desta decisión afectan a todos os seus achegados. A Sara a incerteza non a deixa descansar. Cosme e Carmiña séntense desprazados na toma destas decisións.
LIBRO DE FAMILIA: Historia dun bidé
Tomás quere facer unhas reformas no seu cuarto de baño e instalar un bidé. Encárgalle o traballo a Elías. Na cooperativa séguenlle poñendo as cousas difíciles a Manuel para que lle sexa máis complicado abandonar o negocio.