TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 17.03.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 17.03.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O AGRO: O AGRO 17.03.2026
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 88
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión con esteira e halteres de man centrada no traballo de glúteos e pernas. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais lembran a súa xornada en Fisterra, a terra de Eddy, onde gozaron dunha camiñada e dunha visita guiada polo lugar.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 372
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A suba do prezo do gasoil e do butano por mor da guerra de Irán, entre os temas que se tratarán este martes en 'O Termómetro'.
MIRA TI: MIRA TI 2
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 17.03.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 17.03.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 17.03.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 17.03.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 757
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Suso, de Santiago de Compostela; Alba, de Ourense; Cris, de Arteixo; Toño, de Santiago de Compostela, e Paula, de Vilagarcía de Arousa, son nosos concursantes no día de hoxe. O obxectivo de todos é levar o bote, que comeza o programa nos 21.100 euros. Quen chegue ao 'Minuto final' debe acertar as cinco preguntas para conseguilo.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1298
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 972
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 17.03.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 17.03.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 66
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O ‘Land Rober + Show' mestura este martes, con moito humor, motor, música e o descubrimento dunha leira con petróleo.
LATITUDE GALEGA: Miami
Conducido por Alba Mancebo e Perico Balado, novo programa de viaxes que percorre diferentes lugares do mundo a través das experiencias dos galegos que viven no exterior. Miami, a cidade máis importante da Florida, é esta semana o destino do programa 'Latitude Galega'. Alba Mancebo guiará os espectadores por esta urbe, que alberga algúns dos espazos naturais máis relevantes dos Estados Unidos.
GALEGOS NO MUNDO: San Paulo
Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 419
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid. Presentado por María Cheda.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 17.03.2026
Presenta Raúl Quián.
LIBRO DE FAMILIA: Escándalo na horta
Maribel, defraudada consigo mesma por ter fracasado, decide utilizar o ás que lle queda na manga: o diario de Laura. Déixao ao alcance da man de don Román e este perde o control. Só a providencial aparición de Pepiño Grilo poderá salvar a Laura da ira do seu marido.
LIBRO DE FAMILIA: Formica
Maribel debe excusarse polo asunto do diario, que axiña pasa a un segundo plano. Don Román leva a Álvaro á súa casa, xa que este se atopa ao borde da morte e don Román está moi afectado.
LIBRO DE FAMILIA: Mens sana in corpore sano
Álvaro desenmascara a Maribel. A reacción de Laura non se deixa esperar. O xúbilo de don Román, tampouco. Álvaro xa está mellor e debe regresar ao cárcere.
LIBRO DE FAMILIA: Do de peito
Manuel está sometido a moita presión: a súa muller, os nenos, o eucaliptal, o camión, a investigación da Garda Civil, o destino de María ... Os seus arróupano, pero el séntese responsable de todos e cada un deles.
LIBRO DE FAMILIA: Faltas contra o sexto
Os nenos comezan a descubrir certa pulsión que lles acompañará o resto das súas vidas: as mozas do calendario de Elías. De aí ás pernas de Carmiña, Deli... e de todas as mulleres que se poidan imaxinar. Pero, coa Igrexa topamos.