TVG - CSAG
BOS DÍAS: BOS DÍAS 16.03.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe unha entrevista á xornalista María Solar.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 48
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 87
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión de cardio con halteres de man e esteira. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais falan da clase extra de abdominais de Anxo e Raquel e de se lles gusta bailar a cada un.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 371
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro’ analiza hoxe a preocupación dos cubanos en Galicia e os efectos da suba da luz, do combustible e da falta de vivenda.
MIRA TI: MIRA TI 1
Programa de 'zapping' que recompila os momentos máis divertidos nos programas da TVG.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 16.03.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 16.03.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 16.03.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 16.03.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 756
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Iníciase outra semana no ‘Atrápame se podes’ e recibe no estudio a nova tripulación, que está formada por Alba, de Ourense; Cris, de Arteixo; Paula, de Vilagarcía de Arousa; Suso, de Santiago de Compostela, e Toño, tamén de Santiago. O bote do programa está en 20.800 euros e todos deben superar as distintas fases para loitar por el no 'Minuto final'.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1297
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 971
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 16.03.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 16.03.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 65
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O programa recibirá un convidado vinculado ao mundo empresarial e comentará os episodios máis curiosos da gala dos Oscar.
EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO 11. CRIME DOS MOURIÑO. A LENDA DO MARCO
‘Expediente oculto’ reconstrúe o crime de Lalín: en 2010, o matrimonio Mouriño planifica e executa o asasinato da súa propia filla mentres dorme, nun caso de filicidio que conmocionou Galicia. O programa achégase tamén ao antigo edificio xudicial e prisión de Vigo, hoxe convertido en museo, onde entre as súas paredes seguen circulando relatos de pasos, murmurios e portas que parecen pecharse soas. E na actualidade, poñemos o foco no aumento da contratación de alarmas nas casas galegas ante o medo ás bandas itinerantes de ladróns. O crime dos Mouriño, un impactante parricidio ocorrido en Lalín en 2010, protagonista hoxe en 'Expediente Oculto'. Os espectadores coñecerán o pasado do Marco de Vigo, antiga prisión, e saberán os motivos do aumento da contratación de alarmas nas casas galegas.
JOHNNY ENGLISH
Detrás do roubo das xoias da Coroa agóchase Pascal Sauvage, que tamén conspira para apoderarse do trono. Encárganlle a investigación do caso a Johnny English, un axente tan entregado ao traballo como inexperto. Desde ese momento, a información confidencial, os coches de luxo e a tecnoloxía máis sofisticada forman parte da súa rutina diaria. A súa firme determinación para chegar ao fondo do asunto verase reforzada cando coñeza a axente dobre Lorna Campbell e se namore dela.
LIBRO DE FAMILIA: Planeta azul
LIBRO DE FAMILIA: Simplemente Carmiña
LIBRO DE FAMILIA: Santos e mártires
As cousas na casa dos Cabanas non van ben. Sara séntese soa e algo desamparada. Non dá abasto coas tarefas domésticas, por non falar dalgúns accidentes na casa e da febre de Lolo.
LIBRO DE FAMILIA: Demostración a domicilio
María segue atormentada polo asunto de Marcos e Maribel. O seu pai intenta convencela para que se distraia e fai que Tomas a acompañe. A Marcos non lle vai moito mellor. Mentres Maribel campa ás súas anchas pola casa dos Lamela, Marcos vese desprazado.
LIBRO DE FAMILIA: O dente do xuízo
A presenza e a actitude de Maribel en Santalla violentan a todo o mundo. Marcos tomará unha determinación que porá a Laura contra as cordas. Don Román intenta sacar partido. María segue sen consolo. Milucho é incapaz de interceder. Maribel, cun ás na manga, pode comprometer seriamente a Laura.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 16.03.2026
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 16.03.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.