div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 369

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. No programa de hoxe, 'O Termómetro' abordará, entre outros asuntos, a falta de relevo xeracional en certas profesións e o modelo de familia das nais solteiras por elección.

09:00 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1177

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 14.03.2026

Presenta Chus Tanoira.

10:15 h

LABRANZA: LABRANZA 1762

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

10:50 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3363

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Os membros do grupo muradán The Rapants visitan o estudio de ‘Zigzag’ para falar do seu novo disco, ‘Rapants Club’.

11:15 h

DIVINO TESOURO: María Bazar e León Durán

Retrato da mocidade galega que racha estereotipos. O programa dá voz a mozos e mozas de entre 16 e 26 anos, que xa destacan como campións, influencers, investigadores ou emprendedores. Unha nova promesa da alta cociña e un talentoso compositor de música clásica, protagonistas hoxe en ‘Divino Tesouro'.

11:45 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 102

Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas. Javier, natural de Ourense; Rubén, de Narón, e Carlos, de Santa Comba, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

12:35 h

LUAR: LUAR 1474

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' vístese de voda hoxe ao ritmo de Luz Casal, Rosa Cedrón, Treixadura, Chiquita Movida e Javier Ojeda. O programa recreará o ambiente dunha celebración nupcial, con actuacións en directo, humor, renovación de votos no escenario e un novo duelo en ‘Recantos’.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 14.03.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 14.03.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:05 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 14.03.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:20 h

NO FOCO: NO FOCO 14.03.2026

Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

15:50 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 14.03.2026

16:00 h

GALICIA BONITA: Valga

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo de reformas de 'Galicia Bonita' acode esta semana a Valga, onde atopará unha vivenda sen rematar desde hai máis de 25 anos. Os reducidos accesos dificultarán a obra e esgotarán ata a extenuación os traballadores, que tampouco poderán contar coa axuda dos propietarios da casa.

17:15 h

GALICIA BONITA: Noia

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O 'Galicia Bonita' ponse hoxe mans á obra para rematar e reformar unha vivenda en Noia, cun cascalleiro por leira. Os donos amenizarán a semana con todo tipo de cancións populares, deixando de lado a colaboración necesaria para desenvolver as tarefas de recuperación.

18:30 h

IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 23

Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio. Os reformadores de ‘Imos ao choio’ intentarán axudar hoxe unha avoa de Rianxo que quere ter unha zona de xogos para os seus netos

19:45 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 45

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

19:55 h

SOMOS ANIMAIS: Lolo, Duki e Cía

Programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensinará a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 14.03.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 14.03.2026

22:00 h

BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 4

Novo gran formato de baile e 'reality' para a noite dos sábados. Arturo Fernández presenta esta temporada do programa, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado. Por primeira vez, os concursantes de 'Bailamos' votarán esta semana polo seu favorito/a, engadíndolle suspense á clasificación da noite. A dinámica grupal na academia permitiralles abrirse e revelar historias persoais, ao tempo que semella xurdir o amor.

23:55 h

HEICHO CANTAR QUERIDIÑA

Programa musical presentado por Luís Iglesia, en que artistas de todo o mundo interpretan versións das cancións máis variadas.

00:00 h

HEICHO CANTAR QUERIDIÑA

Programa musical presentado por Luís Iglesia, en que artistas de todo o mundo interpretan versións das cancións máis variadas.

01:40 h

O PAXARO DAS PLUMAS DE CRISTAL

Sam Dalmas, un mozo escritor americano, está a punto de marchar de Roma para volver aos Estados Unidos. A noite antes da súa marcha asiste á agresión de Mónica Ranieri: alguén apuñálaa e desaparece na escuridade. O comisario Morosini é o encargado da investigación e informa a Sam da posible presenza dun asasino en serie na cidade: a mesma persoa que xa matara con arma branca a tres mozas, podería ter intentado apuñalar a Mónica. Sam decide aprazar a súa marcha e investigar pola súa conta.

02:40 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 14.03.2026

Presenta Chus Tanoira.

03:10 h

NO FOCO: NO FOCO 14.03.2026

Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

03:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Santiños malfeitores

Senén non está contento cos resultados da cerería e dálle un toque de atención a Elvira. Manuel non está contento con Tomás como xestor da cooperativa, xa que toma decisións demasiado arriscadas. Marcos e María están felices por estar xuntos outra vez.

04:40 h

LIBRO DE FAMILIA: O muíño de café

05:35 h

LIBRO DE FAMILIA: Familia unida

05:50 h

LIBRO DE FAMILIA: A voz da experiencia

div-crtvg-top2

Publicidade