div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 13.03.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 13.03.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 47

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 86

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión con halteres de man e esteira centrada no traballo de todo o corpo. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 370

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Entre outros temas, ‘O Termómetro' analiza hoxe os riscos nalgúns sectores chave da economía afectados pola guerra, a suba de prezos, e o regreso á cociña das avoas.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 13.03.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 13.03.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 13.03.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 13.03.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 755

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Acaba a particular semana de 'Atrápame se podes', polo que hai que despedir do grupo de concursantes formado por Elías, da Rúa; Alonso, do Pereiro de Aguiar; Pily, de Lugo; Andrea, de Camariñas, e Pablo, de Dozón. Xa que logo, os cinco están diante da súa última oportunidade de facerse co bote, que acumula ao inicio do programa 20.700 euros.

16:30 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1296

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 970

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 13.03.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 13.03.2026

21:40 h

LUAR: LUAR 1475

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. As emblemáticas cancións da artista Helena Bianco e do grupo Zapato Veloz soarán esta noite no escenario de 'Luar'. O programa tamén ofrecerá as actuacións da banda galega de rock Mar de Fondo, da orquestra Kubo, da Rondalla Nas Ondas do Mar e de Virginia, gañadora da última edición da ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’.

00:30 h

O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Noia. Carla e Daniel, Yolanda e Manuel

Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. En Noia, Carla, unha terapeuta pontevedresa de 41 anos, coñecerá a Daniel, un empresario de 40 anos de Porto do Son, divorciado e pai dunha nena de 11. Na seguinte cita, Yolanda, unha cambadesa de 19 anos, terá unha cita con Manuel, un traballador do mar de 25 anos, natural de Vilanova de Arousa.

01:00 h

UNHA MENTIRA ESQUECIDA

No río Creuse aparece aboiando o cadáver dunha muller nova. A policía contacta co prometido dela para lle comunicar un deceso que na aparencia semella un accidente e que non precisa de investigación ningunha. Porén, o achado de certas incongruencias levará á inspectora encargada do caso a afondar nas súas pescudas, que finalmente a conducirán ata unha páxina escura da historia recente de Francia.

02:35 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 13.03.2026

Presenta Raúl Quián.

03:25 h

LIBRO DE FAMILIA: Os mala sombra

Don Román está furioso pola operación de Pedro co eucaliptal. Manuel e Freire aproveitan para picalo. Pero é momento de tomar decisións. O alcalde segue empeñado en facerse coas terras a calquera prezo e a celulosa fará unha oferta.

04:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Ex votos

Elías e Senén padecen de onde o lombo perde o seu nome, cada un da súa afección. Na cooperativa os ánimos andan caldeados pola actitude de Tomás. Manuel non entende o seu cambio de postura e cre que oculta algo.

05:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Santiños malfeitores

Senén non está contento cos resultados da cerería e dálle un toque de atención a Elvira. Manuel non está contento con Tomás como xestor da cooperativa, xa que toma decisións demasiado arriscadas. Marcos e María están felices por estar xuntos outra vez.

05:50 h

LIBRO DE FAMILIA: Cambio de tornas

Carmiña séntese explotada e don Cosme dalle a razón. A moza cre que merece algo máis porque ve o seu futuro algo negro. María bota de menos a Marcos. Manuel non está satisfeito co labor de Tomás no almacén.

div-crtvg-top2

Publicidade