div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 09.03.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 09.03.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 45

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 82

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión combinada con halteres de man e esteira, na que alternan exercicios de cardio e forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e falan de se son máis de día ou de noite. Tamén comentan deportes de neve como o snowboard ou o esquí, e Raquel comparte a súa propia experiencia neste ámbito.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 366

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A suba do prezo dos carburantes e a escaseza de polbo nas lonxas, entre os temas que se tratarán este luns no programa 'O Termómetro'.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 09.03.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 09.03.2026

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 09.03.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 09.03.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 751

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. O 'Atrápame se podes' inicia outra semana con cinco novos concursantes. Rodrigo Vázquez recibirá no estudio a Alonso, do Pereiro de Aguiar; Andrea, de Camariñas; Elías, da Rúa; Pablo, de Dozón, e Pily, de Lugo. O bote comeza o programa nos 19.700 euros.

16:25 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1292

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 966

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 09.03.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 09.03.2026

21:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 61

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. As Tanxugueiras son convidadas estrela no 'Land Rober + Show' de hoxe, nun programa con múltiples sorpresas.

22:40 h

EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO 10. CRIME DE ARANGA. A LENDA DA AVOA DA CURVA

Novo formato de investigación que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. Conducido por Patricia Abet, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. O crime de Aranga, de dous mozos que apareceron despezados nunha fosa séptica, protagonisa hoxe en 'Expediente oculto'. O programa tamén se achegará á lenda da avoa da curva de Ponte Caldelas e porá o foco nas casas malditas, cun valor de mercado condicionado polos sinistros feitos que tiveron lugar nelas.

23:40 h

MARTÍN O GAUCHO

Na Pampa arxentina, no decenio de 1870, o gaucho Martín e un grupo de homes curtidos intentan sobrevivir, nun mundo onde a lei está sempre de parte do máis forte.

01:20 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 751

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez.

02:15 h

LIBRO DE FAMILIA: Doce agasallo

Don Román ten o inimigo na casa. A relación con Pedro é tensa, aínda que cortés. O ambiente comeza a facerse irrespirable. O avogado decidirá actuar contra don Román. Tanta tensión fai que Manuel esqueza o seu aniversario de voda.

03:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Cortina de fume

Don Román, desesperado, fai que Álvaro espíe a todo o mundo. Mentres, os Cabanas e os Freire teñen que cubrirse o lombo e andar con moito coidado por augas tan turbulentas. Levantarán unha cortina de fume para despistar a don Román.

04:40 h

LIBRO DE FAMILIA: A hora da verdade

Elías séntese moi só e Milucho aconséllalle que alugue algún cuarto da súa casa. A cabeza de María non descansa, terá que tomar unha decisión respecto da petición de matrimonio do mozo Lamela.

06:00 h

LIBRO DE FAMILIA

Elías fai unha chapuza no cuarto de Carmiña, polo que esta lle esixe unha satisfacción e pídelle papel pintado. O alcalde está anoxado porque non atopa apoio por ningunha parte e nin sequera obtén resultado dos seus contactos co gobernador.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 09.03.2026

div-crtvg-top2

Publicidade