div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 06.03.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 06.03.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 44

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 81

Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión con pelotas de ioga e gomas elásticas, centrada no traballo do tren superior. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 365

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' falará hoxe de mulleres galegas pioneiras, da suba do prezo do butano e da entrada en vigor da prohibición de bebidas estimulantes para os menores de idade.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 06.03.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 06.03.2026

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 06.03.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 06.03.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 750

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Quinto e último día en que participa a tripulación de concursantes formada por Rocío, de Malpica de Bergantiños; Alexia, de Vilagarcía de Arousa; Carlos Hugo, da Coruña; Noelia, de Cambre, e Paco, de Oleiros. O bote alcanzou a cifra de 19.400 euros e para levalo hai que chegar ao 'Minuto final' e acertar as cinco preguntas que formule Rodrigo Vázquez.

16:30 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1291

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 965

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 06.03.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 06.03.2026

21:40 h

LUAR: LUAR 1474

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' vístese de voda esta noite ao ritmo de Luz Casal, Rosa Cedrón, Treixadura, Chiquita Movida e Javier Ojeda. O programa recreará o ambiente dunha celebración nupcial, con actuacións en directo, humor, renovación de votos no escenario e un novo duelo en ‘Recantos’.

00:30 h

TRATAMOS DEMASIADO BEN AS MULLERES

Remedios Buendía defende a súa patria e loitará por ela por enriba de todo. Un fatídico día do outono de 1945, un grupo de maquis á fuga ten a mala idea de tomar a estafeta onde Remedios, ilusionada, proba o seu vestido de noiva. Hoxe será o día en que demostrará ata onde pode chegar defendendo os seus valores. E ninguén poderá parala, nin sequera este batallón de rebeldes con fusís fumeantes e puños en alto.

02:15 h

LIBRO DE FAMILIA: Castelos no aire

O neno xa está na casa e don Román pasou a súa primeira noite no calabozo. Laura non cre que o seu home tivera que ver no secuestro, e que Gloria, a muller que o acusa, está tola. Deli non consegue esquecer o sucedido.

03:25 h

LIBRO DE FAMILIA: A ola express

A posta en liberdade de don Román pon en xaque as expectativas dos Freire e os Cabanas, que intentarán esgotar as posibilidades de implicalo no secuestro do neno. A chegada da ola express estraga os plans de Elías.

04:35 h

LIBRO DE FAMILIA: Un anaco de esperanza

Para os Cabanas e os Freire faise cada vez máis difícil descubrir toda a verdade sobre o secuestro de Armandiño e a implicación de don Román neste asunto. Manuel decide ir a visitar a Gloria ao cárcere coa esperanza de confirmar as súas sospeitas.

05:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Auga pasada non move muíños

Os Freire enfróntanse impotentes ás evasivas de Cosme, que non lles revela o segredo que conseguirá que un avogado tan bó se comprometa a defendelos. A relación entre Marcos e María complícase cada vez máis, faise máis fráxil.

div-crtvg-top2

Publicidade