div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 05.03.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 05.03.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 43

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 80

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión na esteira centrada no traballo do “core” e das lumbares. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais falan da cociña, de se lles gusta cociñar e das receitas que mellor lles saen.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 364

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Ás portas do 8M, ‘O termómetro' analiza hoxe a situación da muller empresaria e traballadora, amais de abordar os últimos sucesos en Galicia e o prezo do gasóleo.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 05.03.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 05.03.2026

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 05.03.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 05.03.2026

15:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 749

Paco, de Oleiros; Rocío, de Malpica de Bergantiños; Alexia, de Vilagarcía de Arousa; Carlos Hugo, da Coruña, e Noelia, de Cambre, son os concursantes que participan esta semana no 'Atrápame se podes’. Os cinco queren superar as distintas roldas do programa para poder loitar polo bote, que está xa nos 19.200 euros.

16:25 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1290

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 964

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 05.03.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 05.03.2026

21:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 60

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. As redes sociais xunto a un profesional da radio son hoxe protagonistas no ‘Land Rober + Show’.

22:40 h

SOMOS ANIMAIS: Nala, Bali e Coco

Hugo está hoxe acompañado de Samu, que é un educador de cans que aprendeu as súas técnicas da doma india de cabalos. Xuntos vanlle ensinar a Nala, unha cachorra de mastín, a como levar a correa, a non pelexar con outros cans e, incluso, a comprobar como é o mar. Pola súa banda, Jorge vaise enfrontar a un novo reto: dous caniches hiperactivos que son uns auténticos demos. 'Somos animais' amosa hoxe técnicas de adestramento de cans aprendidas da doma india de cabalos. O programa enfróntase ao caso dunha nerviosa cachorra de mastín e de dous caniches hiperactivos.

23:35 h

NON LLE CHAMES AMOR: OURENSE II

Presentado pola psicóloga e sexóloga Raquel Graña, 'Non lle chames amor' busca a empatía, a tenrura e a risa cómplice a través dun formato interxeracional que sirva para escoitar a realidade do sexo. Cada programa ten un tema principal e tres convidados que subirán á limusina do programa para contar as súas vivencias amorosas e sexuais e pasar un momento tremendamente divertido. O programa abordará hoxe desde Ourense un tema aínda moi tabú na sociedade actual: a menstruación.

00:45 h

O CORNO

Na Illa de Arousa, en 1971, María é unha muller que gaña a vida mariscando e axudando outras mulleres no parto con especial dedicación e coidado. Tras un suceso inesperado, vese na obriga de fuxir e emprende unha perigosa viaxe que lle fará loitar pola súa supervivencia. Na procura da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabandistas entre Galicia e Portugal.

02:20 h

LIBRO DE FAMILIA

Chega á vila Gloria disfrazada de mendiga e asusta os nenos. Cosme encóntraa, pero compadécese e lévaa a casa. Gloria segue obsesionada co neno. Faise a muda, pero Pabliño escóitaa falar e ela ameázao de morte se a delata.

02:20 h

LIBRO DE FAMILIA

Don Román segue furioso pola desaparición do pendente de Laura. As advertencias de Manuel a Tomás respecto á súa relación con Laura semellan surtir efecto. Tomás devolveralle o pendente a Laura e pensa en deixar a relación, pero non pode.

03:35 h

LIBRO DE FAMILIA

Todos gozan no bautizo do fillo de Freire, quen sospeita da relación de don Román e a mendiga e a posible vinculación co secuestro, polo que lle tende unha trampa coa esperanza de que se delate.

04:40 h

LIBRO DE FAMILIA

Tomás e Román van de cacería e o fillo de Freire encanona o alcalde para facerlle confesar a súa participación no secuestro do neno. Gloria, disfrazada de mendiga, aproveita un descoido de Deli durante un paseo polo monte e colle o neno.

05:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Volver a casa

A Garda Civil faise cargo dos implicados no secuestro de Armandiño. Gloria, a suposta mendiga, non acaba de declarar onde deixara o neno, que é atopado no monte por un matrimonio. Mentres, Elías e Rosamari flirtean co espiritismo.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 05.03.2026

div-crtvg-top2

Publicidade