TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 04.03.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 04.03.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O AGRO: O AGRO 04.03.2026
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 42
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 79
Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión con gomas elásticas e esteira, centrada no traballo do tren inferior. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais falan das operacións estéticas, compartindo opinións persoais sobre este tipo de intervencións.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 363
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' falará da muller na medicina coa asociación Loita, que conseguiu que nas cesareas en Galicia a muller poida estar sempre acompañada, e do incremento do prezo do combustible polo conflito en Oriente Medio.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 04.03.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 04.03.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 04.03.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 04.03.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 748
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Terceiro día da particular semana de 'Atrápame se podes', co bote nos 19.100 euros. Van pelexar por el Noelia, de Cambre; Paco, de Oleiros; Rocío, de Malpica de Bergantiños; Alexia, de Vilagarcía de Arousa, e Carlos Hugo, da Coruña. Vaise decidir todo no 'Minuto final', onde cada pregunta ben contestada ten un valor de 100 euros, pero se o concursante responde correctamente as cinco cuestións, leva o gran premio.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1289
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 963
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 04.03.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 04.03.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 59
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O humor do ‘Land Rober + Show’ xirará hoxe arredor dos conflitos nas comunidades de veciños e da roupa.
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Cambados - Gianfranco e Yoli, Gustavo e Dania
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. Segundas oportunidades, mentiras e faíscas, esta noite en Cambados, escenario de 'O amor está en Galicia'. A TVG achega este mércores unha dobre entrega na capital do Albariño, con catro citas intensas e historias que poden rematar en brinde ou en despedida.
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: O AMOR ESTÁ EN GALICIA 11
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana.
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Cambados - María e Manuel, Maika e Sebastián
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. Segundas oportunidades, mentiras e faíscas, esta noite en Cambados, escenario de 'O amor está en Galicia'. A TVG achega este mércores unha dobre entrega na capital do Albariño, con catro citas intensas e historias que poden rematar en brinde ou en despedida.
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: O AMOR ESTÁ EN GALICIA 12
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana.
AMOR NA REDE
Programa en que os participantes buscan atopar a súa parella ideal. Formato de dating, que conta co asesoramento de psicólogos expertos na busca de parella e cun emprego activo das redes sociais.
AMOR NA REDE
Programa en que os participantes buscan atopar a súa parella ideal. Formato de dating, que conta co asesoramento de psicólogos expertos na busca de parella e cun emprego activo das redes sociais.
10 DÍAS SEN MAMÁ
Giulia, unha muller cansa da rutina diaria que supón coidar de tres fillos e un marido, decide marchar uns días de vacacións e deixar a Carlo, o seu home, a cargo de todo. Aínda que Carlo pensa que non terá problema e dará compaxinado ben o traballo da oficina co coidado da familia, pronto descubrirá que todo é máis complicado do que parecía.
LIBRO DE FAMILIA
O neno segue con febre. A chamada do pediatra a Freire crea esperanzas na familia. Don Román desconfía de Gloria e manda a Álvaro á Coruña para investigar o asunto. Gloria intenta convencer a Álvaro para traizoar a don Román e cobrar o rescate pola súa conta.
LIBRO DE FAMILIA
O plan de Álvaro e Gloria vense abaixo. O neno segue enfermo e Gloria pretende levalo a América. Don Román leva o neno para devolvelo ante o temor de que o descubran. Román ordénalle que o deixe xunto á casa de Freire.
LIBRO DE FAMILIA
A aparición do fillo de Deli e Freire é motivo de alegría, pero o neno dálles moito traballo, non os deixa durmir e están completamente extenuados. Carmiña, Elías e Elvira compiten en coñecementos sobre puericultura.
LIBRO DE FAMILIA
Chega á vila Gloria disfrazada de mendiga e asusta os nenos. Cosme encóntraa, pero compadécese e lévaa a casa. Gloria segue obsesionada co neno. Faise a muda, pero Pabliño escóitaa falar e ela ameázao de morte se a delata.