TVG - CSAG
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 359
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A preocupación ante a identificación dos propietarios das leiras, o beneficio das pemes galegas e o envellecemento da poboación, a análise hoxe en 'O termómetro'.
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1175
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 28.02.2026
Presenta Chus Tanoira.
LABRANZA: LABRANZA 1760
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
ZIGZAG: ZIGZAG 3451
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O programa 'ZigZag' contará coa presenza no estudio de Baldur Brönnimann, director da Real Filharmonía de Galicia, que celebra o seu 30 aniversario.
DIVINO TESOURO: Lucía e Mateo
Retrato da mocidade galega que racha estereotipos. O programa dá voz a mozos e mozas de entre 16 e 26 anos, que xa destacan como campións, influencers, investigadores ou emprendedores. O programa coñecerá hoxe unha gandeira galardoada polo seu labor divulgativo e un artista que dirixe o seu propio espectáculo de ilusionismo.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 98
Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas.
LUAR: LUAR 1472
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' celebra a saída do sol cun programa en que será protagonista a música de Lucía Pérez, Roser, Antonio Luz e Alberto Cunha. Polo escenario do programa tamén pasarán esta noite Yennia, a orquestra Saudade e o grupo tradicional Armadanzas de Laraño.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 28.02.2026
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 28.02.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 28.02.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
NO FOCO: NO FOCO 28.02.2026
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 28.02.2026
EXPEDIENTE OCULTO: Crime de Enviande. Lenda do Cabo Silleiro
Novo formato de investigación que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. Conducido por Patricia Abet, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. ‘Expediente oculto' reconstrúe o crime de Enviande e analiza tamén o caso do depredador Segundo Cousido. Ademais destes casos da crónica negra e a actualidade xudicial, o espazo que conduce Patricia Abet achégase á lenda dos túneles secretos de Cabo Silleiro.
GALICIA BONITA: Anceis - Cambre
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. Os reformadores desprázanse á parroquia de Anceis (Cambre), onde se atopa a vivenda de Fran, un exemplo claro de desfeita da paisaxe. Separada da civilización e feita integramente de bloque, a casa precisa unha profunda intervención.
GALICIA BONITA: Pobra do Brollón
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia bonita' chega esta semana ao Courel e a Barbadás con dous retos laboriosos de reforma. Rosa Facal e o seu equipo enfróntanse en Pobra do Brollón a unha vivenda inacabada e, máis tarde, viaxan a Ourense para recuperar o encanto tradicional dunha casa familiar.
IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 19
Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio.
IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 18
Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 28.02.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 28.02.2026
BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 2
Novo gran formato de baile e 'reality' para a noite dos sábados. Arturo Fernández presenta esta temporada do programa, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado. Chegan hoxe as primeiras coreografías en parella de 'Bailamos', nunha segunda gala marcada pola tensión e as emocións. O xurado amosarase máis esixente ca nunca tras uns ensaios en que os concursantes se coñeceron máis e xurdiron xa os primeiros roces.
HEICHO CANTAR QUERIDIÑA
Programa musical presentado por Luís Iglesia, en que artistas de todo o mundo interpretan versións das cancións máis variadas.
A FORZA DO SILENCIO
Historia real sobre a loita contra a mafia siciliana. En 1925, Mussolini, que chegara ao poder facía tres anos, enviou a Cesare Mori a Sicilia como prefecto da policía, coa misión de acabar coa mafia. O réxime fascista estaba preocupado polo seu poder e influencia, así que os catro anos seguintes pasaron á historia como a época do ‘Prefecto de ferro’, que detivo e condenou a máis de dous mil mafiosos.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 28.02.2026
Presenta Chus Tanoira.
LIBRO DE FAMILIA
Don Venancio conta que casou a Freire e a Deli, Tomás preocúpase polos motivos que puideron levar ao enlace e súas implicacións, Carmiña atorméntase pensando que nunca vai casar e Freire debátase entre a vida e a morte.
LIBRO DE FAMILIA
A fuxida fallida de Marcos desemboca no enfrontamento con Portas, quen pon ao corrente o alcalde dos líos do seu fillo e que non pararán ata cobrar as débedas. Todos celebran a recuperación de Freire, cuxo fillo se sente atraído por Laura.
LIBRO DE FAMILIA
Don Venancio pon trabas a unha nova celebración da voda de Freire e Deli. Tomás non leva moi ben que casaran. Carmiña malinterpreta unha información e cre que Sara está embarazada. Deli cóntalle a Tomas, que xa sospeitaba algo, que está embarazada.