div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 27.02.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 27.02.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 39

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 76

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión combinada con gomas elásticas e esteira, centrada no traballo de peito, tríceps e ombreiros. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións que lles deixou o adestramento, celebran que Anxo aprobou o carné de camión e reflexionan sobre as viaxes e o que significan para cada un.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 360

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A dermatose nodular, as fochancas, a polémica europea sobre a baliza V-16 e emprender en parella, temas este venres en ‘O termómetro'.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 27.02.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 27.02.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 27.02.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 27.02.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 745

Chegamos ao último programa desta semana no 'Atrápame se podes' e os nosos concursantes deben espelirse se queren levar o bote. Por un premio de 18.300 euros pelexan hoxe Noe, de Salceda de Caselas; Ramón, de Vilalba; Sergio, de Cartelle; Alba, da Coruña, e Luis, de Vila de Cruces.

16:35 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1286

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 960

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 27.02.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 27.02.2026

21:40 h

LUAR: LUAR 1473

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Rosa López, Orquesta La Fórmula e Jinetes del Trópico poñen música hoxe a un 'Luar' dedicado aos carteiros. O programa contará, amais, con Pandeireteiros O Fiadeiro, Virginia Cruz, Víctor Fábregas, humor, baile e unha nova edición de ‘Recantos’.

00:30 h

A MADRIÑA

Patience é viúva, ten dúas fillas e ten a nai nunha residencia. Traballa como intérprete de árabe para a policía, especializada nas escoitas telefónicas da brigada de estupefacientes e ten, ademais, unha relación sentimental co comandante da unidade. Durante unha investigación descobre que un traficante é o fillo da coidadora de súa nai e decide avisala e encubrilo. Ao final, o cargamento de droga que transportaba o rapaz acaba nas súas mans e decide vendela pola súa conta para poder cambiar de vida.

02:10 h

LIBRO DE FAMILIA

O trasplante de ril de Freire ten moi sorprendidos os veciños de Santalla. Don Román espera que sexa un fracaso e Deli pídelle a Freire que acepte o ril do seu fillo. Sara descobre polo médico que Deli está embarazada.

03:25 h

LIBRO DE FAMILIA

O resultado da operación de Freire mantén preocupados a todos. Tomás está xa na habitación recuperándose, aínda que ten febre. Freire tarda máis, o médico tranquiliza os achegados, pero todavía hai perigo. Sara coida de Deli polo embarazo.

04:30 h

LIBRO DE FAMILIA

Un vendedor ambulante chega a Santalla e as mulleres dispóñense a mercar. Elvira mércalle unha manta. Cando Senén lle reclama ao vendedor as tasas municipais, este respóndelle que Elvira mercou a manta cos impostos municipais.

05:45 h

LIBRO DE FAMILIA

Don Venancio conta que casou a Freire e a Deli, Tomás preocúpase polos motivos que puideron levar ao enlace e súas implicacións, Carmiña atorméntase pensando que nunca vai casar e Freire debátase entre a vida e a morte.

div-crtvg-top2

Publicidade