div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 26.02.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 26.02.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 39

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 38

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 75

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión na esteira centrada no traballo do “core” e das lumbares. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais falan do lugar máis especial ao que lles gusta ir. Anxo tamén comenta que lle encanta saír coa moto para descubrir sitios novos e bromean con que lle manda titoriais todos os días a Raquel para que aprenda a facer abdominais.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 359

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A preocupación ante a identificación dos propietarios das leiras, o beneficio das pemes galegas e o envellecemento da poboación, a análise hoxe en 'O termómetro'.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 26.02.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 26.02.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 26.02.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 26.02.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 744

Luis, de Vila de Cruces; Noe, de Salceda de Caselas; Ramón, de Vilalba; Sergio, de Cartelle, e Alba, da Coruña, teñen hoxe unha nova oportunidade de levar o bote. Para iso deben chegar ao 'Minuto final' e contestar a cinco preguntas. Cada resposta correcta vale 100 euros, pero se atinan coas cinco levan o gran premio de 18.100 euros.

16:35 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1285

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 959

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 26.02.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 26.02.2026

21:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 56

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O programa despide a semana co humor que o caracteriza e co reencontro histórico duns convidados moi coñecidos.

22:40 h

SOMOS ANIMAIS: Pegaso e Tessa

Hoxe Hugo preséntanos a Irene, que é unha das mellores especialistas en cabalos do país. Con ela imos coñecer a Pegaso, un exemplar que sufriu un cólico. Ela vaile intentar salvar a vida ao pobre animal, que estivo padecendo sen que os seus donos desen co seu mal. Ademais, imos viaxar ata Oleiros, onde Jorge se vai atopar cunha peculiar parella que bota todo o día rifando coma se fose un matrimonio: Álex e Tessa. Esta é unha pastora alemá que o noso experto vai ter que educar para que a convivencia volva a esta casa. O programa 'Somos animais' estará hoxe cunha das mellores especialistas en cabalos do país. Ademais, o experto do espazo da TVG terá que educar unha pastora alemá para que a tranquilidade volva á casa do seu dono.

23:40 h

NON LLE CHAMES AMOR: MONDOÑEDO

Presentado pola psicóloga e sexóloga Raquel Graña, 'Non lle chames amor' busca a empatía, a tenrura e a risa cómplice a través dun formato interxeracional que sirva para escoitar a realidade do sexo. Cada programa ten un tema principal e tres convidados que subirán á limusina do programa para contar as súas vivencias amorosas e sexuais e pasar un momento tremendamente divertido. Os protagonistas desta noite de ‘Non lle chames amor' conversarán sobre as dificultades sexuais. Á limusina do programa subirán en Mondoñedo un zoqueiro que combina a súa profesión co sexo, dúas amigas con moito ‘feeling’ e un rapaz disposto a falar de sexo sen límites.

00:50 h

DÉBEDA DE HONOR

Mary Bee Cuddy, unha muller que leva unha vida solitaria en Nebrasca, emprende unha viaxe para levar tres mulleres que perderon o xuízo ata Iowa. A misión é moi perigosa e pediralle a Briggs, un foraxido ao que ela lle salva a vida, que a acompañe para lle axudar. E, efectivamente, na viaxe vanse ter que encontrar a diversas vicisitudes, máis incluso das que esperaban.

02:40 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 26.02.2026

Presenta Raúl Quián.

03:20 h

LIBRO DE FAMILIA

Lupe acaba entre reixas. Tras o ataque de Álvaro a María, este ponse ás ordes de Lupe e sérvelle de contacto co seu cómplice da Coruña. Ademais, a muller utilizará o criado para vingarse do mellor xeito posible de Román.

04:30 h

LIBRO DE FAMILIA

Elías atópase cunha parella de hippies que está a percorrer a zona cunha furgoneta e invítaos a instalarse nas súas terras coa perspectiva de facer negocio con eles. Marcos está máis obsesionado co xogo e con chegar a máis con María.

05:45 h

LIBRO DE FAMILIA

Don Cosme cóntalle o conto do saco a Pabliño e este desconfía do vello. Carmiña toma cartas no asunto e argalla unha falcatruada coa complicidade de Elías. Chega Tomás, o fillo de Freire, quen dubida da posibilidade de doarlle o ril ao seu pai.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 26.02.2026

div-crtvg-top2

Publicidade