TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 24.02.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 24.02.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O AGRO: O AGRO 24.02.2026
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 37
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 73
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión de cardio e forza utilizando a banqueta e a esteira. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais, falan do “brunch” que Noemi organizou para facer outro plan en común e do novo deporte de moda: o “running”.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 357
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O magazine ‘O termómetro' fala, entre outros temas, das reparacións de tellados e das estradas tras os temporais e da problemática da gripe aviaria.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 24.02.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 24.02.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 24.02.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 24.02.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 742
Segundo día no concurso para a tripulación formada por Sergio, de Cartelle; Alba, da Coruña; Luis, de Vila de Cruces; Noe, de Salceda de Caselas, e Ramón, de Vilalba. Aquel que supere todas as fases e chegue ao 'Minuto final' pode pelexar polo bote, que inicia o programa nos 17.600 euros.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1283
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 957
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 24.02.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 24.02.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 54
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O convidado do ‘Land Rober + Show' de hoxe debulla os segredos do paisaxe rústico galego, ao tempo que o colaborador Xurxo Carreño afronta un reto imposible.
LATITUDE GALEGA: Montevideo
Conducido por Alba Mancebo e Perico Balado, novo programa de viaxes que percorre diferentes lugares do mundo a través das experiencias dos galegos que viven no exterior. ‘Latitude galega' coñecerá hoxe Montevideo da man de cinco galegos. A capital do Uruguai, destino importante da nosa emigración, destaca pola súa calidade de vida, por amplas zonas verdes e pola súa ‘rambla’.
GALEGOS NO MUNDO: Rotterdam
Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares. Hoxe o programa visitará Rotterdam
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 416
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid. Presentado por María Cheda.
LIBRO DE FAMILIA
Marcos está preocupado por María despois do accidentado plantón. O seu pai quítalle importancia e alecciónao sobre a 'arte' de tratar as mulleres. Laura chega á vila e intentará poñer orde no mundo que a rodea.
LIBRO DE FAMILIA
Manuel non quere que Marcos e María anden xuntos, xa que non se fía del. Os mozos acaban enfadándose polas liortas dos seus pais. Don Román aprovéitase para achegarse a Marcos e darlle máis responsabilidades e ao mozo cégao a soberbia e o orgullo.
LIBRO DE FAMILIA
A María ocórreselle promocionar o almacén pola radio. Manuel, co beneplácito de Freire, acaba cedendo. Manuel pídelle a Milucho que prepare un slogan e Elías apúntase rápidamente ao negocio. Marcos arrastra resacas da súa nova vida de xogador.
LIBRO DE FAMILIA
Elías atopa no medio do monte dúas monxas. Trátase da Madre Superiora do convento de Deli e doutra monxa nova, que chegan a Santalla. Don Venancio non quere que se saiba que dúas monxas de clausura andan soltas e vísteas de seglares.