TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 23.02.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 23.02.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe unha entrevista con María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía, Industria e Innovación.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 36
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 72
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión combinada con halteres de man e esteira, centrada no traballo de lombo e bíceps. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e ademais, comentan cal é o movemento que máis lles custa facer e bromean coa “soidade” de Anxo, que está solteiro.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 356
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Os problemas de acceso á vivenda, o regreso da chuvia, o risco do mar de fondo e conflitos veciñais, temas que ‘O termómetro' pon hoxe sobre a mesa de análise.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 23.02.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 23.02.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 23.02.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 23.02.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 741
Principiamos outra semana no 'Atrápame se podes' e temos cinco novos concursantes, que chegan dispostos a levar un bote que alcanzou xa os 17.400 euros. Rodrigo Vázquez recibe no estudio a Alba, da Coruña; Luis, de Vila de Cruces; Noe, de Salceda de Caselas; Ramón, de Vilalba, e Sergio, de Cartelle.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1282
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 956
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 23.02.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 23.02.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 53
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O anticiclón e a visita dunha prodixio, destacados no ’‘Land Rober + Show’ de hoxe.
EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO 8
Novo formato de investigación que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. Conducido por Patricia Abet, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. ‘Expediente oculto' reconstrúe o crime de Enviande e analiza tamén o caso do depredador Segundo Cousido. Ademais destes casos da crónica negra e a actualidade xudicial, o espazo que conduce Patricia Abet achégase á lenda dos túneles secretos de Cabo Silleiro.
O PÓKER DA MORTE
Corre o ano 1880. Cando un forasteiro é collido facendo trampas nunha partida de póker na poboación de Rincón, en Colorado, Van Morgan intentará inutilmente que os outros cinco xogadores non o linchen. Neses mesmos días, a febre do ouro está a traer a Rincón a novos forasteiros, como o ‘révolver fácil’ do predicador Jonathan Rudd, e Lily Langford coa súa colección de fermosas barbeiras.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 23.02.2026
Presenta Raúl Quián.
LIBRO DE FAMILIA
Deli está a levar a cabo un rigoroso xaxún. Elvira non dubida en acusar a Deli de rompelo. A moza sofre un esvaecemento e delira. O sacerdote e a beata cren que están ante unha manifestación mística.
LIBRO DE FAMILIA
Milucho e don Venancio están máis ca fartos de ver a vila chea de lixo. O novo barman fala co seu tío Senén para que desde o Concello fagan algo, de feito, acaba apostando que en dous días terá a vila limpa.
LIBRO DE FAMILIA
Mentres todos lle agradecen a Marcos a súa intercesión no asunto da leña, don Román intriga con Lupe. El quere vinganza e non ten paciencia. Utilizarán a Marcos para os seus plans vinculados á plantación de eucaliptos, farano seu socio para implicalo.
LIBRO DE FAMILIA
Cosme vai a Maceiras a cobrar a pensión. As mulleres da vila empezan a mobilizarse para cobrar tamén. Marcos xa está a traballar no concello co seu pai, en prexuízo de Senén, que se ve apartado das súas funcións.