TVG - CSAG
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 354
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' tratará, entre outros asuntos, o liderado galego na duración das baixas laborais e a problemática en moitos garaxes de Vigo, con centos de coches atrapados polas inundacións.
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1174
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 21.02.2026
Presenta Chus Tanoira.
LABRANZA: LABRANZA 1759
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
ZIGZAG: ZIGZAG 3445
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Mara Sánchez e Adam Prieto, protagonistas de ‘As liñas discontinuas’, visitan o ‘Zigzag’, que tamén percorre a mostra de Jesús Costa e coñece a montaxe ‘Ictus’.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 96
Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas. Javier, natural de Ourense; Sergio, de Carballo, e Juan José, de Vigo, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
48 HORAS PARA O SI: Vodas de ouro
Programa de telerrealidade, presentado pola actriz Iolanda Muíños, que retrata en 48 horas unha petición de man e a organización dunha voda sorpresa, no caso dunha resposta favorable. Programa especial en '48 horas para o si' na TVG, coa posible celebración de dúas vodas de ouro. Paco e Gelo sorprenderán as súas respectivas mulleres, Rita e Dolores, cunha dobre petición de man para renovar o seu amor tras 50 anos casados.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 21.02.2026
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 21.02.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 21.02.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
NO FOCO: NO FOCO 21.02.2026
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 21.02.2026
FÚTBOL PRIMEIRA DIVISIÓN RFEF: R. C. Deportivo-S. D. Eibar
En directo.
FÚTBOL PRIMEIRA DIVISIÓN RFEF: R.C. DEPORTIVO - S.D. EIBAR
GALICIA BONITA: Silleda
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia bonita’ adiántase ao Nadal coa súa chegada a Silleda. Toño e Andrea, unha parella chea de enerxía e con moitas ideas propias sobre limpeza e orde, propoñen un desafío ao equipo de Rosa Facal: ter a casa e o entorno listos para acender o alumado de Nadal antes que ningún veciño.
IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 16
Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio.
IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 17
Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio. Os restauradores de ‘Imos ao choio’ daranlle hoxe vida a unha casa moi esquecida, pero que agocha obxectos fascinantes.
TRABALLO FEITO: Pazo Park Dinoslandia
Programa en que a xornalista Esther Estévez e o influencer Gabi García se enfrontan cada día a un reto distinto, poñéndose na pel de profesionais de oficios moi diversos. Gabi García e Esther Estévez desprázanse hoxe con ‘Traballo Feito’ a Lugo, onde competirán por ser o mellor monitor de festas infantís.
LATEXOS DA CIDADE EXPRESS: LATEXOS DA CIDADE EXPRESS 15
Especial 'Latexos da Cidade Express'. As nosas cidades nunca descansan, sempre están en movemento. Cheas de vida, de historias, de ritmo, de momentos, de xente. Hoxe 'Latexos da Cidade' viaxa a Santiago de Compostela, para coñecer como é o día a día dos militares que traballan no Aeródromo Militar da Lavacolla. En Ourense estará na inauguración dun gran centro comercial dunha multinacional da bricolaxe. E en Lugo coñecerá a Jara, unha cadela moi agarimosa que pasará por un trance complicado. Remata o programa na Coruña, nun día moi especial para Alba e os seus amigos, xa que van facer un bautismo de mergullo.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 21.02.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 21.02.2026
BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS 1
Novo gran formato de baile e 'reality' para a noite dos sábados. Arturo Fernández presenta esta temporada do programa, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado. Na primeira entrega, 16 aspirantes loitarán polas 12 prazas do concurso, que mesturará espectáculo, convivencia e historias persoais.
HEICHO CANTAR QUERIDIÑA
Programa musical presentado por Luís Iglesia, en que artistas de todo o mundo interpretan versións das cancións máis variadas.
TEMPESTADE SOBRE WASHINGTON
Robert Leffingwell é o candidato do presidente dos Estados Unidos para ocupar a secretaría de Estado, pero antes debe someterse a unha investigación do Senado, que decidirá se é a persoa idónea para un cargo de tanta responsabilidade. Á fronte do comité de investigación está o idealista senador Brig Anderson, que descobre que na súa xuventude Leffingwell estivo vinculado a unha organización comunista.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 21.02.2026
Presenta Chus Tanoira.
LIBRO DE FAMILIA: Xogar co lume
Mentres Freire e Manuel están no convento decidindo sobre a conveniencia de que Deli regrese a Santalla, o almacén arde como o mesmísimo inferno. Todos na vila acoden a sofocar o incendio, pero a remolacha quedou moi danada.
LIBRO DE FAMILIA: Monicreques
A feira en Santalla xa non é o que era, agora a xente vai máis a outras vilas. Os veciños pensan nun espectáculo de monicreques para revivila, pero o encargado está retirado, polo que eles mesmos se encargarán do espectáculo.
LIBRO DE FAMILIA: Sobre rodas
O pesadelo do incendio no almacén segue atormentando a Manuel e a Freire. Teñen que pagar os desperfectos do seu peto e non andan moi ben de cartos. Manuel rexeita a oferta de Román, mentres que Freire acepta venderlle unhas terras.