div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 20.02.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 20.02.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 35

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 71

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión combinada con halteres de man e esteira, centrada no traballo do tren superior. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 355

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' falará da supresión de trens entre Vilagarcía e Santiago e comprobará como viven os galegos e galegas a ansiada volta do bo tempo.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 20.02.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 20.02.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 20.02.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 20.02.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 740

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Quinto e último día no 'Atrápame se podes' para a tripulación de concursantes formada por Marcos, de Lalín; Sonia, do Rosal; Natalia, de Ribeira; José Manuel, da Pobra do Caramiñal, e Yoli, de Poio. Os 17.100 euros do bote agardan a que un deles consiga descifrar as cinco preguntas que ten Rodrigo Vázquez agochadas no 'Minuto final'.

16:35 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1281

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 955

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 20.02.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 20.02.2026

21:40 h

LUAR: LUAR 1472

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' celebra a saída do sol cun programa en que será protagonista a música de Lucía Pérez, Roser, Antonio Luz e Alberto Cunha. Polo escenario do programa tamén pasarán esta noite Yennia, a orquestra Saudade e o grupo tradicional Armadanzas de Laraño.

00:30 h

O BARÓN VERMELLO

Cinta biográfica que narra períodos da vida do afamado piloto alemán de combate da Primeira Guerra Mundial Manfred von Richthofen, máis coñecido como ‘o barón vermello’, cuxa habilidade e fazañas convertérono nunha lenda durante esa contenda, temido polos adversarios e aclamado polos baróns azuis.

02:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Ollos que non ven

Manuel segue sen fiarse de Lupe e Freire non quere vincularse sentimentalmente á coruñesa. Ambos deciden poñer a María a traballar no almacén para librarse dela. Lupe, a súa vez, urdirá un plan para vingarse.

03:40 h

LIBRO DE FAMILIA: Far west

Lupe aproveita a ausencia de Laura na casa para levar a cabo certas intrigas con don Román. Quere vingarse de Freire e de Manuel polo que cre ela foi unha humillación. Ofrécese para entregarlle documentos e datos económicos do almacén.

04:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Soños de papel

Elías escoita falar uns veciños sobre a importancia do papel na vida diaria e no desenvolvemento industrial dunha zona. O taxista, inspirado, ve unha posible nova liña de negocio na fabricación deste.

05:50 h

LIBRO DE FAMILIA: Xogar co lume

Mentres Freire e Manuel están no convento decidindo sobre a conveniencia de que Deli regrese a Santalla, o almacén arde como o mesmísimo inferno. Todos na vila acoden a sufocar o incendio, pero a remolacha quedou moi danada.

div-crtvg-top2

Publicidade