div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 19.02.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 19.02.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe unha entrevista coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 34

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 70

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión na esteira centrada no abdome e nas lumbares. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos seus testemuños, os participantes salientan a importancia de manter unha boa hidratación antes, durante e despois do exercicio físico.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 354

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' tratará, entre outros asuntos, o liderado galego na duración das baixas laborais e a problemática en moitos garaxes de Vigo, con centos de coches atrapados polas inundacións.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 19.02.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 19.02.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 19.02.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 19.02.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 739

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. O bote do programa está xa nos 16.800 euros e veñen hoxe dispostos a facerse con el os seguintes concursantes: Sonia, do Rosal; Yoli, de Poio; Marcos, de Lalín; Natalia, de Ribeira, e José Manuel, da Pobra do Caramiñal. Todos deben ir superando as distintas fases do xogo para poderen loitar polo gran premio no 'Minuto final'.

16:35 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1280

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 954

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 19.02.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 19.02.2026

21:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW II 52

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Regresa ao ‘Land Rober + Show’ o concurso ‘A túa cara fáiseme coñecida’, con Roi Méndez, Eva Iglesias e Rocío Varela como participantes.

22:40 h

SOMOS ANIMAIS: "LOLO, DUKI E CÍA"

Programa presentado por Hugo Cabaleiro que ensinará a afrontar e solucionar os problemas cotiáns que xorden na convivencia cos animais. ‘Somos Animais' afronta esta noite o reto de educar unha cabra coma se fose un can. O programa tamén lidará con dous 'minipinscher' que lle ladran a calquera que se achegue á súa dona.

23:45 h

NON LLE CHAMES AMOR: A CORUÑA II

Presentado pola psicóloga e sexóloga Raquel Graña, 'Non lle chames amor' busca a empatía, a tenrura e a risa cómplice a través dun formato interxeracional que sirva para escoitar a realidade do sexo. Cada programa ten un tema principal e tres convidados que subirán á limusina do programa para contar as súas vivencias amorosas e sexuais e pasar un momento tremendamente divertido. A limusina de ‘Non lle chames amor’ fai hoxe parada na Coruña para falar dos distintos xeitos de mocear.

00:50 h

O CRENTE

Danny Balint estuda nunha escola xudía de Nova York. Ao mesmo tempo, a súa popularidade medra dentro de círculos neofascistas, ata converterse nun admirado líder. No seu interior desenvolve unha personalidade paralela: por un lado, estase a formar como rabino, estudando a Torah e ensinando hebreo, e, por outro, ataca os xudeus.

02:20 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 19.02.2026

Presenta Raúl Quián.

02:55 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3343

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. 9Louro, un dos músicos máis prometedores do panorama musical galega, presenta hoxe en ‘Zigzag’ o seu novo traballo.

03:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Taquigrafía e mecanografía

Laura confésalle a súa identidade a don Venancio, buscando no crego consolo e apoio. Mentres, don Román segue instigando a Álvaro para que se propase con ela, coa dobre intención de rirse del e humillala a ela.

04:40 h

LIBRO DE FAMILIA: Feitizo de amor

A actitude agarimosa de Lupe non convence a Freire. A coruñesa intenta convencer o indiano para visitar a cidade herculina e presentarlle a súa familia. Freire non se sente con ánimos, pero ela non desiste e, convencida por Carmiña, intenta facerlle un meigallo.

05:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Far west

Lupe aproveita a ausencia de Laura na casa para levar a cabo certas intrigas con don Román. Quere vingarse de Freire e de Manuel polo que cre ela foi unha humillación. Ofrécese para entregarlle documentos e datos económicos do almacén.

05:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Ollos que non ven

Manuel segue sen fiarse de Lupe e Freire non quere vincularse sentimentalmente á coruñesa. Ambos deciden poñer a María a traballar no almacén para librarse da coruñesa. Lupe, a súa vez, urdirá un plan para vingarse deles.

05:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Un día na praia

María pídelle a Manuel que os leve á praia. Os Cabanas deciden levarse á praia a Carmiña para afastala do frenético Elías. Os Lamela semellan refacer a súa vida familiar, aínda que a muller e o fillo non acaban de baixar a garda.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 19.02.2026

div-crtvg-top2

Publicidade