div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 17.02.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 17.02.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

O AGRO: O AGRO 17.02.2026

10:55 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 32

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 68

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión de corpo completo en que se realizarán diversos exercicios de 30 segundos cada un, completando dúas series. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, os participantes comparten as súas sensacións e reflexionan sobre o estado anímico no deporte.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 352

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O programa ‘O Termómetro’ vivirá hoxe en directo o Entroido de Cobres e da Coruña e verá como preparan as carrozas en Muros.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 17.02.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 17.02.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 17.02.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 17.02.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 737

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. José Manuel, da Pobra do Caramiñal; Marcos, de Lalín; Sonia, do Rosal; Yoli, de Poio, e Natalia, de Ribeira, son os concursantes no día de hoxe. O obxectivo de todos é levar o bote, que comeza o programa nos 16.100 euros. Quen chegue ao 'Minuto final' debe acertar as cinco preguntas para conseguilo; en caso contrario, tense que conformar con 100 euros por cada resposta correcta.

16:30 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1278

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 952

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 17.02.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 17.02.2026

21:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 50

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Festa por todo o alto este martes de Entroido no ‘Land Rober + Show’, con disfraces e moita cor.

22:40 h

LATITUDE GALEGA: Nova Jersey

‘Latitude galega’ visita Nova Jersey, un dos estados dos Estados Unidos aos que máis galegos emigraron ao longo da historia. A súa capital, Newark, era coñecida como “Nuarca” pola cantidade de xente da nosa terra que alí vivía. Nova Jersey combina cidades e rañaceos con áreas residenciais e zonas totalmente rurais. A reporteira Alba Mancebo percorre o estado da man de cinco galegos: Luís, un xubilado de Carreira; Manuela, unha empresaria de Carnota; Alberto, un tatuador de Ribeira; Steven, un empresario de Cerdedo-Cotobade; e María, unha química de Palmeira. ‘Latitude Galega' viaxa esta semana a Nova Jersey, a histórica 'Nuarca' da emigración galega. Alba Mancebo percorre o estado estadounidense xunto a cinco galegos da diáspora.

23:40 h

GALEGOS NO MUNDO: Marrákex

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

00:50 h

CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 415

Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid. Presentado por María Cheda.

02:20 h

LIBRO DE FAMILIA: O San Xoán

Noite de San Xoán, noite máxica. En Santalla anhelan a chegada da noite para levar a cabo sortilexios, rituais, preparar pócemas de amor, e todo presidido polo fogo purificador.

03:25 h

LIBRO DE FAMILIA: Adeus ríos, adeus fontes

Chega unha carta de Segundo, que lle ofrece a Marisiña un traballo nunha casa de comidas en Bilbao. Os Cabanas non están moi seguros da conveniencia de lerlla. Todos na vila están sorprendidos polo comportamento de Marcos co seu pai.

04:40 h

LIBRO DE FAMILIA: A malla

Santalla prepárase para a malla. Cosme sente nostalxia polos tempos pasados, sen maquinaria e onde non todo se movía por cartos. Don Román, propietario da única malladora, pretende abusar dos veciños e, concretamente, dos Cabanas.

05:45 h

LIBRO DE FAMILIA: O capador

Don Román ten nas súas mans o seu fillo e obrígao a aparentar na vila que entre eles todo vai moi ben. Pero o que preocupa a Marcos é a súa nai polas posibles represalias que poida sufrir do seu pai.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 17.02.2026

div-crtvg-top2

Publicidade