div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 16.02.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 16.02.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 31

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 67

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva. Na clase de hoxe, Eddy propón unha sesión con halteres de man e pelota de pilates, centrada no traballo de bíceps e lombo. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, os participantes comparten as súas sensacións tras a práctica dos exercicios e falan sobre as maniotas.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 351

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Luns de Entroido en ‘O Termómetro’, que conectará en directo coas vilas ourensás de Laza e Xinzo de Limia.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 16.02.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 16.02.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 16.02.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 16.02.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 736

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Comeza outra semana no ‘Atrápame se podes’, que recibe no estudio nova tripulación, formada por Natalia, de Ribeira; José Manuel, da Pobra do Caramiñal; Yoli, de Poio; Marcos, de Lalín, e Sonia, do Rosal. O bote do programa está en 15.900 euros e todos deben superar as distintas fases para loitar por el no 'Minuto final'.

16:35 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1277

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 951

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 16.02.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 16.02.2026

21:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 49

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Un recoñecido artista, que se converteu en todo un mito a comezos do século XXI, será o convidado nun ‘Land Rober + Show’ cargado de gastronomía.

22:40 h

EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO 7

Novo formato de investigación que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. Conducido por Patricia Abet, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. O crime de Toques e os cada vez máis estendidos calotes do amor centrarán esta noite o tempo de 'Expediente Oculto'. Por primeira vez, a presentadora do programa, Patricia Abet, sairá do estudio para viaxar á illa de Sálvora, o que din que é o fogar da Santa Compaña.

00:00 h

O CAZADOR DE RECOMPENSAS

A Max Borlund, un cazarrecompensas, contrátano para que busque A Elijah Jones, un desertor do exército que secuestrou a Rachel Kidd, a esposa dun home rico. Max Borlund contará coa compañía e axuda do soldado Alonzo Poe e durante a misión coñecerán a Tiberio Vargas, un terratenente mexicano ao que só lle interesa sacar beneficio da situación.

02:00 h

LIBRO DE FAMILIA: O boticario imaxinario

Santalla queda sen boticario e Elías decide facerse repartidor de medicamentos. A relación de Lupe e Freire vai facéndose cada vez máis intensa e tenra. Manuel segue desconfiando do perito e espera con ansiedade os informes de Marcos e María.

03:15 h

LIBRO DE FAMILIA: Dereitos de autor

María leva unha boa malleira dos grises e Manuel decide ir buscala para levala de volta a Santalla, aínda que sexa pola forza. María recupérase das feridas e busca consolo na súa tía Deli. Manuel sorprende a súa filla no piso de Lois.

04:25 h

LIBRO DE FAMILIA: O frautista de Santalla

Sara está moi preocupada pola marcha de María. Manuel, aínda que tamén, só amosa enfado e indignación. Freire intenta calmalo e advírtelle da posibilidade de perder unha filla por tensar demasiado a corda.

05:35 h

LIBRO DE FAMILIA: Santa Misión

Elvira está a recadar cartos pola vila para a Santa Misión, ademais de continuar coa súa cruzada e cizaña contra Deli, quen regresa a Santalla. Sara conseguiralle traballo de costureira para que volva a ter a cabeza no seu sitio.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 16.02.2026

div-crtvg-top2

Publicidade