div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 350

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. As incidencias polo temporal e o San Valentín, entre os temas que ‘O termómetro' abordará hoxe.

07:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 54

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

09:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1215

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

09:25 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 2007

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:40 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 625

Visitamos a Residencia de Maiores Santa Marta, da Fundación San Rosendo, para descubrir como o coidado pode ser tamén acompañamento, respecto e vida compartida.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VII 463

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 15.02.2026

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 95

Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas. Javier, natural de Ourense; Iria, da Cañiza; e Lydia, da Coruña, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

11:45 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VII 86

Sétima temporada dun programa que busca o mellor intérprete entre oito concursantes seleccionados. Música e emoción van da man neste espazo, que está presentado por María Mera, con Iago Pico, Carolina Rubirosa, Roi Casal e Antón Reixa como membros do xurado, e coas catro mellores orquestras do país: Panorama, París de Noia, Olympus e Los Satélites. Dous concursantes de 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios' conseguirán esta noite o pase directo á gran final. No último programa antes das semifinais, os aspirantes chegan dispostos a dalo todo no escenario, mentres que os padriños interpretarán un ‘mix’ de cancións de Disney.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 15.02.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 15.02.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:05 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 15.02.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:20 h

NO FOCO. ARQUIVO: NO FOCO. ARQUIVO 15.02.2026

15:50 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 15.02.2026

15:55 h

XENTE MARABILLOSA: Síndrome de Down

Nova temporada de 'Xente Marabillosa', espazo presentado por Lucía Rodríguez, que volve co obxectivo de emocionar, inspirar e poñer en valor a capacidade das persoas anónimas para contribuír a crear unha sociedade máis amable e inclusiva. ‘Xente Marabillosa’ loita hoxe contra a discriminación cara ás persoas con síndrome de Down. Porque, aínda que a sociedade ten avanzado moito nos últimos anos, continúan a existir determinadas actitudes incorrectas que non se poden deixar pasar.

17:00 h

GALICIA BONITA: Ortigueira

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’.

18:15 h

IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 16

Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio.

18:20 h

IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 14

Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio. En canto soa o teléfono, Inda e Julio soben á furgoneta e acoden á chamada dos seus clientes, sen saber que aventura lles espera. E a desta semana promete porque os anfitrións pisan forte, viven segundo as súas propias normas e saben como montar unha festa. Pero esta reforma estará chea de incidentes que poñerán en risco o resultado final.

18:55 h

IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 17

Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio. Os restauradores de ‘Imos ao choio’ daranlle hoxe vida a unha casa moi esquecida, pero que agocha obxectos fascinantes.

19:10 h

IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO III 15

Espazo de reforma e decoración interior destinado a cambiar as casas galegas, grazas aos reformadores Inda e Julio. A historia de hoxe comeza nunha casa que viviu tempos mellores. Inda e Julio coñecen a Joserra, que resultará ser un verdadeiro tesouro. A súa casa está chea de sorpresas, e Inda e Julio enredarán, máis que nunca, descubrindo obxectos fascinantes aos que darlles unha segunda vida mentres arranxan a casa de Joserra.

20:05 h

TRABALLO FEITO: Balneario de Laias

Esther Estevez e Gabi García desprázanse ata Laias no concello de Cenlle, para vivir unha xornada de traballo no seu balneario. Alí aprenderán a preparar as augas termais, poñer a punto as habitacións do hotel, e mesmo participarán no servizo do restaurante e as actividades de animación. Esther e Gabi afrontan hoxe con ‘Traballo feito’ un novo reto no balneario de Laias.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 15.02.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 15.02.2026

22:00 h

CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA: CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA 3

A TVG entra en acción con 'Código 092: en primeira liña', unha docuserie que leva os espectadores ao corazón da acción da Policía Local en distintas cidades galegas. Sen filtros nin artificios, cada episodio amosa o lado máis real e imprevisible dun servizo público que nunca se detén. O rescate dun gato e un control de alcolemia, entre as intervencións da policía local ás que asistirá hoxe Código 092’ en Lugo e Vilagarcía de Arousa.

22:50 h

A MIÑA GRAN CIDADE - 24 H: Esther Estévez -Juanjo Bona (Verín)

Presentado por Noelia Rey, este programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días. O artista aragonés Juanjo Bona descobre os encantos de Verín en 'A miña gran cidade', da man de Esther Estévez. O programa da TVG viaxa á comarca de Monterrei para vivir unha xornada chea de Entroido, música tradicional, gastronomía e augas termais.

00:05 h

A MIÑA GRAN CIDADE. CORAZÓN GALEGO: Eddy Insua e Terelu Campos

Un famoso de fóra mergullarase na nosa cultura da man doutro coñecido anfitrión. Terelu Campos móllase en Ortegal na nova entrega de 'A miña gran cidade: Corazón galego', con Eddy Insua como anfitrión. Marisquear e servir no bar en Mañón, gozar das gaitas de Ortigueira, aprender das redeiras de Cariño, cociñar un lumbrigante e facer unha queimada, experiencias que a presentadora deberá superar para conquistar o seu carné de corazón galego.

00:55 h

EN XOGO: EN XOGO 792

Espazo deportivo presentado por Gustavo Varela, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.

01:50 h

LUAR: LUAR 1471

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' celebra o Entroido e o San Valentín, coa música de Natalia, Terrae & Natasia Zürcher e Nuria Lorenzo. Completan o elenco artístico a Orquestra Compostela, Donicelas e Miguel Torres, así como a maxia de Joaquín Matas e as intervencións humorísticas de Patricia Vázquez.

04:30 h

LIBRO DE FAMILIA: O grupo escolar

En Santalla están preocupados polo futuro do grupo escolar, xa que poida que o trasladen a Maceiras e dubidan se poderán pagar o transporte e o comedor. Senén presiona a don Román para que solicite o grupo, pero este non ve ningún beneficio persoal no tema.

05:45 h

LIBRO DE FAMILIA: O Domund

Don Venancio está organizando o Domund cos rapaces. Pabliño e Rosamari pelexan pola hucha que representa un indio, o párroco dilles que será para quen máis recade. Manuel, xunto con outro labrego, atopa o mango que ferira a Cosme.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 15.02.2026

div-crtvg-top2

Publicidade