div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 13.02.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 13.02.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe unha entrevista con Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social da Xunta.

10:45 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 30

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:00 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 66

Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propuxo unha sesión con esteira e halteres de man, na que traballaremos a zona dos ombreiros, o peito e os tríceps. Anxo, Noemi, Estrella e a nova compañeira do programa, Raquel, acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños falan da súa incorporación tras a lesión de Silvia e das flexións, que a Raquel lle custaron un pouco e provocaron risas. Ademais, realizan un exercicio bautizado co nome de Arnold Schwarzenegger, que comentan durante o programa.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 350

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. As incidencias polo temporal e o San Valentín, entre os temas que ‘O termómetro' abordará hoxe.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 13.02.2026

Presenta Raúl Quián.

14:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 13.02.2026

Presenta Marta Darriba.

15:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 13.02.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 13.02.2026

15:45 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 735

Remata a nosa particular semana, polo que nos temos que despedir do grupo de concursantes integrado por Xiana, de Viveiro; Adrián, de Santiago de Compostela; Víctor, de Ferrol; Brais, da Guarda, e María Dolores, de Mugardos. Xa que logo, os cinco están diante da súa última oportunidade de facerse co bote, que acumula ao inicio do programa 15.600 euros.

16:30 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1276

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:30 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 950

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 13.02.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 13.02.2026

21:40 h

LUAR: LUAR 1471

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' celebra o Entroido e o San Valentín, coa música de Natalia, Terrae & Natasia Zürcher e Nuria Lorenzo. Completan o elenco artístico a Orquestra Compostela, Donicelas e Miguel Torres, así como a maxia de Joaquín Matas e as intervencións humorísticas de Patricia Vázquez.

00:30 h

A LUME LENTO

Filme ambientado no século XIX. O señor Dodin Bouffant ten contratada de cociñeira a Eugénie, unha muller de moito talento culinario, coma el. A súa relación é profesional e amorosa, el quere que casen, pero ela négase. Xuntos crean comidas deliciosas coas que agasallan os seus amigos.

02:35 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 13.02.2026

Presenta Raúl Quián.

03:25 h

LIBRO DE FAMILIA: Plus ultra

Marisiña empéñase en que Pabliño participe no concurso 'Plus Ultra' para nenos heroes. Xunto con Elías idea a farsa de que Pabliño salve de afogar a Rosamari e don Venancio sexa testemuña.

04:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Tul ilusión

Marisiña saca o traxe de noiva de Deli e desencadéase unha serie de problemas. O negocio dos grelos marcha máis ca ben, pero, con todo, cando os Cabanas van recoller a súa colleita, está totalmente estragada. Álvaro encargarase de sabotar o rego.

05:40 h

LIBRO DE FAMILIA: La, la, la

Román pensa que A Pena das Lagoas, lugar onde brota a auga, é da súa propiedade. Senén infórmao de que parte desas terras vendeullas a el e outra parte regaloullas a Lupe. Román empéñase en recuperalas.

div-crtvg-top2

Publicidade