TVG - CSAG
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 42
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca.
GALEGOS NO MUNDO: Santiago de Chile
Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 413
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid. Presentado por María Cheda.
LIBRO DE FAMILIA
Manuel, Elías e Pancho están presos pola revolta do monte da mina. Na casa dos Cabanas todos están moi preocupados por eles. Freire non soporta máis os problemas cos seus fillos, coa mina e con Deli, polo que se dá á bebida.
LIBRO DE FAMILIA: Probas de amor
Manuel, Ramiro e Pancho por fín van saír do cárcere, pero antes María e Marisiña van poñer a proba os seus mozos. Despois de saber que Tomás era seu irmán, Adela dálle ao seu pai a elixir entre un dos dous.
LIBRO DE FAMILIA: Santalla non terá mina
Marcos marcha á mili, a marcha de María a Santiago é inminente e Ramiro pensa en ir cos Satélites. Elías finxirá amnesia para que Marisiña se desfaga en atencións á súa persoa. Telmo regresa para sorpresa de todos.