div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 02.02.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 02.02.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 21

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:05 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 49

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 341

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Cunha especial atención ao tempo, ‘O termómetro’ vive o Día da Candeloria en Valga e interésase pola praga de couza da pataca e o perigo de extinción da anguía.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 02.02.2026

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 02.02.2026

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 02.02.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 02.02.2026

15:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 726

Comeza outra semana no 'Atrápame se podes' e temos nova tripulación de concursantes que está formada por Ana de Mazaricos, Anxo de Ponteareas, Lorena de Cangas, Juan de Ourense e mais Esther de Ordes. O bote inicia o programa de hoxe nos 13 500 euros.

16:25 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1267

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:30 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 941

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 02.02.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 02.02.2026

21:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 41

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. O eclipse total de agosto é tema central hoxe no Land Rober, grazas ás curiosas explicacións dun experto na materia.

22:40 h

EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO 5

Novo formato de investigación que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. Conducido por Patricia Abet, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. ‘Expediente Oculto’ reconstrúe hoxe o crime de Verín e pon o foco no asasinato de Matilde Muñoz en Indonesia. O espazo achegarase tamén ao mosteiro de Melón, un dos grandes templos da Galicia medieval, onde a historia convive con lendas de aparicións.

23:55 h

O HOME DO OESTE

Link Jones chega a Crosscut para tomar o tren de Fort Worth, en Texas. Pasadas algunhas horas da viaxe, detén o convoi e continúa a cabalo acompañado por outros dous viaxeiros. Jones coñece a rexión perfectamente e lévaos ata unha granxa veciña para pasar a noite. Atópase coa banda de Dock Tobin, coa que terá que enfrontarse a tiros.

01:30 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 02.02.2026

Presenta Raúl Quián.

02:05 h

LIBRO DE FAMILIA

Marisiña di que viu a súa irmá difunta e ninguén a cre. Manuel ten fortes débedas e, aínda que Ramiro parece dar coa solución, montar unha fonda, as malas formas de Román acaban por facer que Manuel teña que ir a traballar á cidade.

03:25 h

LIBRO DE FAMILIA

Tomás chega a Santalla. Vén coa intención de axudarlle a Freire co asunto da mina, a cambio de que o acepte na súa casa. Tamén chega á vila Manolo, o exmozo de Deli, que vén disposto a levala con el de volta á aldea.

04:35 h

LIBRO DE FAMILIA

Os Cabanas e os demais labregos non lle queren vender as terras a don Román. Cando Tomás se entera das mañas que se gasta Román, dálle a volta ás cousas e agora o negocio da mina semella estar do lado de Freire.

05:45 h

LIBRO DE FAMILIA

Os Cabanas están alborotados por mor da volta de Manuel. As negociacións da mina entre Freire e mais Tomás non chegan a bo porto. Román volve a sacar tallada da situación e inicia as expropiacións.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 02.02.2026

div-crtvg-top2

Publicidade