div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 340

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. As incidencias do mal tempo e as previsións meteorolóxicas para os próximos días, hoxe en ‘O termómetro', que tamén falará da prórroga da corentena do gando.

09:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1213

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

09:25 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 2005

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:40 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 623

Dedicamos o espazo a coñecer ‘Auriensia’, a publicación académica do Instituto Teolóxico “Divino Maestro” de Ourense que cumpre 30 anos. A revista constitúe un espazo de diálogo entre teoloxía, filosofía e historia ao servizo do pensamento contemporáneo e da vida da Igrexa.

09:45 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 45

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VII 461

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 01.02.2026

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 91

Jorge, natural da Coruña, Sergio, de Vila de Cruces, e Javier, de Ourense, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

11:50 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VII 84

Sétima temporada dun programa que busca o mellor intérprete entre oito concursantes seleccionados. Música e emoción van da man neste espazo, que está presentado por María Mera, con Iago Pico, Carolina Rubirosa, Roi Casal e Antón Reixa como membros do xurado, e coas catro mellores orquestras do país: Panorama, París de Noia, Olympus e Los Satélites. Noite inesquecibe en 'A liga dos cantantes extraordinarios', con homenaxes e actuacións únicas. Celebraranse dous dúos e o ‘medley’ dos padriños renderalle homenaxe ás cancións populares galegas.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 01.02.2026

Presenta Chus Tanoira.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.02.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

15:05 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.02.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:20 h

NO FOCO. ARQUIVO: NO FOCO. ARQUIVO 01.02.2026

15:50 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.02.2026

15:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 940

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

17:05 h

GALICIA BONITA: Castrelo de Miño

Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. Desta volta, Rosa, Adrián e Álex visitan a fermosísima vivenda tradicional de Ángeles en Castrelo de Miño. A pesar das boas intencións da expedición de ‘Galicia Bonita’, a arquitecta perita como inasumíbel a súa reforma en tan só cinco xornadas de traballo. O compromiso e a solidariedade dunha propietaria agradecida abre as portas a unha última posibilidade.

18:25 h

IMOS AO CHOIO I: IMOS AO CHOIO 8

Formato centrado na reforma interior e decoración de vivendas, que vai transformar casas por toda Galicia. Inda e Julio son reformadores profesionais e en cada entrega do programa terán un reto diferente. Atoparanse con casas antigas, desfasadas ou en malas condicións, pero, coa axuda da decoradora Vanesa, pegaranlles un cambio radical.

19:15 h

IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO II

Formato centrado na reforma interior e decoración de vivendas, que vai transformar casas por toda Galicia. Inda e Julio son reformadores profesionais e en cada entrega do programa terán un reto diferente. Atoparanse con casas antigas, desfasadas ou en malas condicións, pero, coa axuda da decoradora Vanesa, pegaranlles un cambio radical. Regresa 'Imos ao choio' esta noite á TVG dándolle un toque único á reforma interior dunha casa de aldea. Esta segunda temporada arranca, con Inda e Julio afrontando, con problemas, a mellora da vivenda de Celia, quen se nega a marchar do seu fogar durante o reto.

20:05 h

TRABALLO FEITO: Grupo Tania Veiras e os Cumbia Pop

Programa en que a xornalista Esther Estévez e o influencer Gabi García se enfrontan cada día a un reto distinto, poñéndose na pel de profesionais de oficios moi diversos. No programa de hoxe, Esther Estévez e Gabi García competirán pola coroa de rei da verbena en Santa Cruz de Montaos, da man de Tania Veiras.

20:10 h

TRABALLO FEITO: Grupo Tania Veiras e os Cumbia Pop

Programa en que a xornalista Esther Estévez e o influencer Gabi García se enfrontan cada día a un reto distinto, poñéndose na pel de profesionais de oficios moi diversos. No programa de hoxe, Esther Estévez e Gabi García competirán pola coroa de rei da verbena en Santa Cruz de Montaos, da man de Tania Veiras.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 01.02.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 01.02.2026

21:55 h

ANTES DE NÓS

Unha parella, dous momentos. Un baile continuo de separación e reencontro. Dúas historias entrelazadas. En 1918, Castelao deixa a súa praza de funcionario en Pontevedra para traballar como médico no seu Rianxo natal durante a gripe española. Un heroe para o pobo, pero un home ausente para a súa muller, Virxinia. En 1929, o matrimonio percorre a Bretaña poucos meses despois da perda do seu único fillo. Dous seres rotos e un vínculo que xa non se comprende. Unha viaxe que os unirá para sempre. Castelao, antes de ser Castelao. Galicia, antes da Xeración Nós. Castelao e Virxinia, antes de ser Nós. Unha parella, dous momentos. Un baile continuo de separación e reencontro. Dúas historias entrelazadas. En 1918, Castelao deixa a súa praza de funcionario en Pontevedra para traballar como médico no seu Rianxo natal durante a gripe española. Un heroe para o pobo, pero un home ausente para a súa muller, Virxinia. En 1929, o matrimonio percorre a Bretaña poucos meses despois da perda do seu único fillo. Dous seres rotos e un vínculo que xa non se comprende. Unha viaxe que os unirá para sempre. Castelao, antes de ser Castelao. Galicia, antes da Xeración Nós. Castelao e Virxinia, antes de ser nós.

23:25 h

ANTES DE NÓS: O CASTELAO MÁIS ÍNTIMO

Making of de ‘Antes de nós’, primeira longametraxe realizada sobre Castelao, dirixida por Ángeles Huerta, con guión de Pepe Coira e participada pola Televisión de Galicia. A rodaxe, levada a cabo en distintos escenarios de Galicia, é un drama histórico que descobre momentos únicos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao xunto á súa muller Virxinia Pereira, unha muller clave para entender a figura do político. Este making of ofrece unha ollada ao traballo que hai detrás das cámaras, con imaxes dos ensaios, localizacións, escenas da rodaxe, vestiario, música e entrevistas con membros do equipo técnico e artístico.

00:15 h

EN XOGO: EN XOGO 790

Espazo deportivo presentado por Gustavo Varela, que aposta polo fútbol galego, con especial atención ao Celta e ao Deportivo.

03:35 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 01.02.2026

Presenta Chus Tanoira.

04:05 h

NO FOCO: NO FOCO 31.01.2026

Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

04:30 h

LIBRO DE FAMILIA

A vila convulsiona por Senén, que cesa como alcalde; as especulacións sobre o seu sucesor son constantes na vila. Román é tenteado polo Gobernador Civil para ser alcalde. Manuel xa está decidido a abrir unha fonda.

05:40 h

LIBRO DE FAMILIA

Por fin Freire pode contemplar con ledicia o comezo das obras da mina, pero axiña se deixa ver a sombra de Román estragando todos os seus plans. Deli xa parece estar recuperada do seu mal de amores, así que Manuel presiona a Sara para que marche.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 01.02.2026

div-crtvg-top2

Publicidade