TVG - CSAG
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 339
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A climatoloxía e as súas incidencias en Galicia, protagonistas en ‘O termómetro', que fala amais das reivindicacións dos produtores ecolóxicos fronte a Mercosur e dos riscos da tuberculose.
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1171
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 31.01.2026
Presenta Chus Tanoira.
LABRANZA: LABRANZA 1756
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
ZIGZAG: ZIGZAG 3328
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Bieito Romero conversa do 40 aniversario de Luar na Lubre en 'ZigZag', que tamén fala do libro ‘A vida a arder’, de Abraham Pérez, e do novo sinxelo de Lumedoloop.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 44
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 90
Alberto, natural de Noia, David, de Gondomar, e Jorge, da Coruña, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
48 HORAS PARA O SI: Vanesa e Roberto
Programa de telerrealidade, presentado pola actriz Iolanda Muíños, que retrata en 48 horas unha petición de man e a organización dunha voda sorpresa, no caso dunha resposta favorable. Vanesa toma a iniciativa para casar en '48 horas para o si' coa súa parella, todo un escéptico do matrimonio. Programa de emocións fortes, en que a viguesa pedirá a man de Roberto, militar e stripper, que pensa que os casamentos son “unha pantomima” .
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 31.01.2026
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 31.01.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 31.01.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
NO FOCO: NO FOCO 31.01.2026
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 31.01.2026
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 939
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GALICIA BONITA: Vilagarcía de Arousa
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. O equipo enfróntase hoxe en Vilagarcía de Arousa ao reto maiúsculo de finalizar unha reforma en catro días. A teima de dúas consogras coa parede medianeira porá a proba a paciencia do propietario.
FÚTBOL PRIMEIRA DIVISIÓN RFEF: CyD Leonesa– R. C. Deportivo
En directo.
CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA: CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA 5
A TVG entra en acción con 'Código 092: en primeira liña', unha docuserie que leva os espectadores ao corazón da acción da Policía Local en distintas cidades galegas. Sen filtros nin artificios, cada episodio amosa o lado máis real e imprevisible dun servizo público que nunca se detén. 'Código 092’ acompaña hoxe os axentes da policía local de Santiago nas súas intervencións. Os espectadores asistirán ao desaloxo dun local de ocio nocturno e á detención dun condutor que circulaba baixo os efectos das drogas e co carné retirado.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 31.01.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 31.01.2026
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VII 87
Chega a semifinal. Esta é a última oportunidade para conseguir un posto na ansiada final. Dúas concursantes, Virginia e Lucía, xa conseguiron o seu paso directo no anterior programa. Os outros 6 concursantes compiten hoxe por os tres últimos postos. Hoxe non hai marcación xeral, polo que calquera dos seis ten posibilidades. Arrancamos o programa cunha espectacular posta en escena de María Mera cantando ‘La reina’. Os seis semifinalistas de 'A liga dos cantantes extraordinarios' competirán hoxe polas tres últimas prazas para a gran final. María, David, Sabela, Yey, Carlos e Diego actuarán de xeito individual na primeira fase e na segunda, a dúo xunto aos seus padriños.
HEICHO CANTAR QUERIDIÑA
Programa musical presentado por Luís Iglesia, en que artistas de todo o mundo interpretan versións das cancións máis variadas.
O LONGO VENRES SANTO
Harold Shan, un gánster inglés ben establecido, está a piques de pechar un lucrativo negocio coa mafia estadounidense. Pero cando unha serie de bombas comezan a estoupar en distintos puntos de Londres, todo semella ir mal. Amigos e membros da súa banda van morrendo, á vez que a relativa calma dos últimos dez anos racha en mil pedazos. Un misterioso sindicato intenta involucralo, polo que Harold terá que pescudar quen son e que é o que queren, pero polo camiño deixará un rastro sanguento no seu percorrido cara á verdade.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 31.01.2026
Presenta Chus Tanoira.
LIBRO DE FAMILIA
Don Román preséntase na casa de Freire por temor a que este delate a súa falsa cegueira. Intentarán chegar a un acordo do que supostamente ambos poidan saír beneficiados, aínda que de xeito diferente.
LIBRO DE FAMILIA
A vila convulsiona por Senén, que cesa como alcalde; as especulacións sobre o seu sucesor son constantes na vila. Román é tenteado polo Gobernador Civil para ser alcalde. Manuel xa está decidido a abrir unha fonda.
LIBRO DE FAMILIA
En Santalla, Senén vai ter problemas porque perde a confianza do gobernador, estase a sufrir as consecuencias dunha praga de piollos, mentres que as discrepancias entre don Román e Laura son cada día máis notorias, aínda que o disimulen.