div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 26.01.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 26.01.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 16

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:05 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 44

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 336

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' achegarase a Vigo para analizar a polémica pola posible chegada de Uber á cidade, ademais de estar pendente das tractoradas en Ourense contra o acordo con Mercosur e do comezo do xuízo polo crime do praceiro de Santiago.

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 26.01.2026

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 26.01.2026

Presenta Marta Darriba.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 26.01.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 26.01.2026

15:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 721

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Principia outra semana no 'Atrápame se podes' con cinco novos concursantes, que chegan dispostos a levar un bote que alcanzou xa os 12.200 euros. Rodrigo Vázquez recibirá no estudio a Ángel, de Santa Comba; Concha, de Entrimo; Manuel, de Santiago de Compostela; Pérez, de Castro de Rei, e Tati, de Ordes.

16:20 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1262

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 934

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 26.01.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 26.01.2026

21:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 37

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Frío ártico no ‘Land Rober + Show’, que abre a semana cun referente no panorama nacional do baile como convidado.

22:40 h

EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO 4. CRIME DE CORTEGADA. IGREXA DAS CAVEIRAS

Novo formato de investigación que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. Conducido por Patricia Abet, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. O programa 'Expediente Oculto', novidade no prime time dos luns, reconstruirá hoxe o crime de Cortegada e falará cunha vítima do perigoso delincuente Pandolo. Ademais, o espazo presentado por Patricia Abet viaxará a Ribeira de Piquín para achegarse á igrexa das caveiras e á súa lenda.

23:55 h

RESCATES. NO FÍO DO MILAGRE: RESCATES. NO FÍO DO MILAGRE 5

‘Rescates. No fío do milagre’ retrata os casos reais máis extremos que levan aos equipos de salvamento a probar os seus propios límites. Por terra, mar e aire, gardacostas, sanitarios, pilotos ou mergulladores baixan ás simas máis fondas, soben aos cantís máis altos e traballan nas ondas máis bravas para salvar persoas que precisan axuda, conseguindo rescates ‘no fío do milagre’. Os espectadores de ‘Rescates. No fío do milagre’ verán como se traballa cando hai un accidente baixo terra.

00:25 h

RUMBA TERAPIA

Tony é o condutor dun autobús escolar que vive só e encerrado en si mesmo, despois de abandonar a muller e a filla hai vinte anos, cando a nena aínda non tiña un ano. Un problema de corazón, que acaba con el no hospital, faino recapacitar e decide apuntarse nas clases de baile que dá a súa filla, sen que ela o saiba, para establecer un vínculo con ela e recuperar o tempo perdido.

03:00 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 26.01.2026

Presenta Raúl Quián.

03:45 h

PRATOS COMBINADOS: Xubilación anticipada

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

04:55 h

PRATOS COMBINADOS: Buscar na enciclopedia

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:50 h

PRATOS COMBINADOS: Grazas por todo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 26.01.2026

div-crtvg-top2

Publicidade