TVG - CSAG
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 334
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A paralización por parte da UE do acordo con Mercosur e a suba de prezo dos seguros de coche, entre os temas que se analizarán no programa 'O Termómetro'.
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1170
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 24.01.2026
Presenta Chus Tanoira.
LABRANZA: LABRANZA 1755
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
ZIGZAG: ZIGZAG 3322
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. 'Zigzag' achegarase á nova versión teatral do clásico de Neira Vilas ‘Memorias dun neno labrego’ da man do seu director, Cándido Pazo, e de Iris Darriba, integrante do seu elenco.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 88
Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas. Ismael, natural de Portosín; Alberto, de Noia, e Mateo, de Ares, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
A MIÑA GRAN CIDADE. CORAZÓN GALEGO: Silvia Jato-Esperanza Aguirre (Parte 2)
Un famoso de fóra mergullarase na nosa cultura da man doutro coñecido anfitrión. Hoxe, en 'A miña gran cidade. Corazón galego', Esperanza Aguirre sorprende a Silvia Jato cantando 'A Rianxeira'. Na segunda parte da súa experiencia inmersiva pola comarca do Ribeiro, a política madrileña descubrirá o proceso de elaboración do viño, coñecerá os cantos de taberna e gozará das augas termais do Balneario de Laias.
A MIÑA GRAN CIDADE - 24 H: Belinda Washington - Xosé R. Gayoso (Ribadeo)
Presentado por Noelia Rey, este programa propón un reto único: conseguir que un famoso ensine a súa cidade como nunca antes a un convidado sorpresa e o convenza de quedar nela por uns días. Ribadeo é esta semana o escenario de 'A miña gran cidade', con Belinda Washington como anfitrioa e Xosé R. Gayoso como convidado. Un paseo en barco pola ría, un xantar na pequena aldea de Rinlo, unha visita á praia das Catedrais e un percorrido polo pasado indiano da vila serán as experiencias que vivirán estas dúas iconas da televisión.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 24.01.2026
Presenta Chus Tanoira.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.01.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.01.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
NO FOCO: NO FOCO 24.01.2026
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.01.2026
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 932
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GALICIA BONITA: Culleredo
Docu-reality de reformas en que unha arquitecta percorrerá a xeografía galega na procura dos feísmos máis comúns, para poñerlles remedio xunto cos veciños e o seu ‘equipo de arranxos’. ‘Galicia Bonita' proxecta en Culleredo o remate dunha pequena vivenda a medio arranxar. O propietario, fotógrafo e piloto de drons, promete darlle ao equipo do programa unha semana do máis entretida.
IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO 4
Formato centrado na reforma interior e decoración de vivendas, que vai transformar casas por toda Galicia. Inda e Julio son reformadores profesionais e en cada entrega do programa terán un reto diferente. Atoparanse con casas antigas, desfasadas ou en malas condicións, pero, coa axuda da decoradora Vanesa, pegaranlles un cambio radical. O equipo de 'Imos ao choio' enfróntase esta semana á reforma dunha casa de Abegondo con moito potencial. A obra, chea de problemas, vai ter algo de drama e un toque de comedia.
IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO 5
Formato centrado na reforma interior e decoración de vivendas, que vai transformar casas por toda Galicia. Inda e Julio son reformadores profesionais e en cada entrega do programa terán un reto diferente. Atoparanse con casas antigas, desfasadas ou en malas condicións, pero, coa axuda da decoradora Vanesa, pegaranlles un cambio radical. ‘Imos ao choio' transforma esta noite unha casa de Sanxenxo con moitas propietarias. Os reformadores do programa acabarán perseguidos pola policía e terán que poñer en xogo todas as súas habilidades conciliadoras.

TRABALLO FEITO: Chiringuito O Quinto Pino
Programa en que a xornalista Esther Estévez e o influencer Gabi García se enfrontan cada día a un reto distinto, poñéndose na pel de profesionais de oficios moi diversos. Esther Estévez e Gabi García afrontan hoxe unha intensa xornada nun chiringuito de praia da Illa da Toxa.
TRABALLO FEITO: Bar O Quinto Pino
Programa en que a xornalista Esther Estévez e o influencer Gabi García se enfrontan cada día a un reto distinto, poñéndose na pel de profesionais de oficios moi diversos. Esther Estévez e Gabi García afrontan hoxe unha intensa xornada nun bar de praia da illa da Toxa.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 24.01.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 24.01.2026
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VII 86
Este é o último programa antes das semifinais, e os concursantes queren dalo todo. Hoxe xóganse o pase directo á final. Serán dous deles, os que mellor nota teñan na clasificación ao rematar o programa, quen consigan ese privilexio. Os outros seis pelexarán de novo no seguinte programa nunha última oportunidade para ser finalistas. Dous concursantes de 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios' conseguirán esta noite o pase directo á gran final. No último programa antes das semifinais, os aspirantes chegan dispostos a dalo todo no escenario, mentres que os padriños interpretarán un ‘mix’ de cancións de Disney.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 932
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
HEICHO CANTAR QUERIDIÑA
Programa musical presentado por Luís Iglesia, en que artistas de todo o mundo interpretan versións das cancións máis variadas.
A TODO RISCO
Abel Davos, un coñecido criminal italiano, foxe a Francia coa súa familia eludindo así unha orde de arresto e a condena a morte. Acompáñao o seu fiel amigo Raymond Naldi, outro coñecido criminal perseguido pola xustiza. Na fronteira prodúcese un dramático tiroteo.
PRATOS COMBINADOS: O carné de conducir
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 24.01.2026
Presenta Chus Tanoira.
ZIGZAG: ZIGZAG 3322
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. 'Zigzag' achegarase á nova versión teatral do clásico de Neira Vilas ‘Memorias dun neno labrego’ da man do seu director, Cándido Pazo, e de Iris Darriba, integrante do seu elenco.
PRATOS COMBINADOS: Animaliños simpáticos e intelixentes
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Alarma social
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: O horóscopo
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Pereira e a empanada de berberechos
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.