div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 14.01.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 14.01.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:50 h

O AGRO: O AGRO 23.07.2025

10:55 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 7

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:05 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 36

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VI 328

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Os espectadores de 'O Termómetro' descubrirán os efectos sobre o corpo do anisakis e saberán como se vive cun trastorno obsesivo compulsivo (TOC).

13:50 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 14.01.2026

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 14.01.2026

Presenta Marta Darriba.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 14.01.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 14.01.2026

15:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 713

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Vicente, de Vigo; Marta, da Illa de Arousa; Rubén, de Ourense; Alfonso, de Vilalba, e Laura, de Culleredo, van loitar hoxe no estudio do ‘Atrápame se podes ’ polo bote, que inicia o programa nos 10.400 euros. Para ter opcións de levalo hai que superar todas as fases e chegar ao 'minuto final'.

16:20 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1254

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 922

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

21:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 14.01.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 14.01.2026

21:40 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 31

O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Música, humor e unha historia de superación, ingredientes do 'Land Rober + Show' desta noite.

22:40 h

XENTE MARABILLOSA: XITANOFOBIA

Nova temporada de 'Xente Marabillosa', espazo presentado por Lucía Rodríguez, que volve co obxectivo de emocionar, inspirar e poñer en valor a capacidade das persoas anónimas para contribuír a crear unha sociedade máis amable e inclusiva. As Azúcar Moreno, contra a xitanofocia, esta noite en 'Xente Marabillosa'. As irmás Toñi e Encarna Salazar serán as convidadas e ‘madriñas’ dun programa que pretende reivindicar o papel dos xitanos na sociedade galega e poñer en valor os seus constantes esforzos pola convivencia, o diálogo e a superación de prexuízos.

00:05 h

IMPOSTORES, OS

00:05 h

OS IMPOSTORES

Roy Waller é un millonario estafador cheo de tics e manías, que traballa en asociación cun estafador chamado Frank Mercer. Tras perder as pastillas coas que controla o seu comportamento neurótico, Roy ponse nas mans do seu psiquiatra, o doutor Klein, quen o pon en contacto coa súa descoñecida filla, Angela, a que de seguida se contaxia dos procedementos delituosos do seu proxenitor.

01:55 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 14.01.2026

Presenta Raúl Quián.

03:05 h

PRATOS COMBINADOS: Un aire fresquisimo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

04:00 h

PRATOS COMBINADOS: A moeda de ouro

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:00 h

PRATOS COMBINADOS: A encargada ideal

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:10 h

PRATOS COMBINADOS: Un home para partirse de risa

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

05:55 h

PRATOS COMBINADOS: A solución definitiva para as multas

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 14.01.2026

div-crtvg-top2

Publicidade