TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 13.01.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 13.01.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Hoxe inclúe unha entrevista con María José Gómez Rodríguez, conselleira de Medio Rural.
O AGRO: O AGRO 15.07.2025
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 6
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 35
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO VI 327
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro’ analiza hoxe as medidas polo novo foco de dermatose nodular, a sinistralidade viaria en Laraño e a alerta por roubos en farmacias da Coruña.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 13.01.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 13.01.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 13.01.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 13.01.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XII 712
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Segundo día en que participan Alfonso, de Vilalba; Laura, de Culleredo; Marta, da Illa de Arousa; Rubén, de Ourense, e Vicente, de Vigo. Os cinco van loitar por pasar as distintas fases do programa e chegar ao máis alto dos chanzos. O bote hoxe está nos 10.200 euros.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXII 1253
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIII 921
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 13.01.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 13.01.2026
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW 30
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Un destacado atleta e un reto imposible, ingredientes centrais hoxe no 'Land Rober + Show'.
LATITUDE GALEGA: Xenebra
Conducido por Alba Mancebo e Perico Balado, novo programa de viaxes que percorre diferentes lugares do mundo a través das experiencias dos galegos que viven no exterior. O programa de viaxes da TVG, visita a chamada cidade da paz, sede de numerosos organismos internacionais e situada ao pé do lago Lemán. A reporteira Alba Mancebo coñece esta cidade suíza da man de cinco galegos, entre eles, o seu alcalde.
XENTE DE MUNDO: Baviera
Na presente entrega, os viaxeiros van ter unha axenda ben apertada, porque desde a súa saída de Vigo non van parar. Uns namorados da música clásica, das andainas ao aire libre e das tradicións non podían ter mellor destino que Baviera, no sur de Alemaña. Alí visitarán desde o máis moderno, como a sede central da BMW, en Múnic, ata o máis tradicional, como as casas pintadas de Oberammergau, unha vila que leva 400 anos representando en vivo a paixón de Cristo por unha promesa. E, desde logo, non deixarán de comer e beber auténticos menús bávaros, coa cervexa típica de alí, ou pan líquido, como lle chaman os alemáns.
XENTE DE MUNDO: BAVIERA
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 410
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid. Presentado por María Cheda.
PRATOS COMBINADOS: O sobriño do párroco
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Decoración con estilo
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: O banco moderno busca directivos
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Elvis vive e cultiva tomates
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Sinistro total
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: O negocio de don Nicanor
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.