TVG - CSAG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 05.01.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
HORA GALEGA: HORA GALEGA XII 914
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por María Lamela e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 05.01.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
PULSO ACTIVO: Nadal
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
PULSO ACTIVO: Nadal
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador propuxo unha sesión na esteira na que faremos varios exercicios para traballar o tren superior e inferior. Anxo, Noemí, Silvia e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO V 321
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Ás portas da noite de Reis, o programa vai recibir as súas maxestades de Oriente ao aeroporto da capital e amosa as carrozas por dentro, ao tempo que ofrece datos sobre o sorteo do Neno.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 05.01.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 05.01.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 05.01.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 05.01.2026
ATRÁPAME SE PODES, EDICIÓN NADAL: ATRÁPAME SE PODES, EDICIÓN NADAL V 41
Nesta semana dos programas especiais do Nadal no 'Atrápame' van participar nenas e nenos na procura do máis grande agasallo: unha videoconsola. Para gañala hai que chegar ao 'Minuto final' e acertar nese tempo un mínimo de tres preguntas. Hoxe van loitar por ela, na compaña de cadanseu adulto, Andrea, de Antas de Ulla; Artai, de Ourense; Iago, de Pontevedra; Nuria, de Burela, e Xenza, de Castroverde.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XXI 1248
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Juan Fuentes, Beatriz Manjón e Raquel Atanes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
XA CHEGAN OS REIS
Televisión de Galicia emitirá desde A Coruña a chegada dos Reis Magos a Galicia. A canle pública realizará o programa especial ‘Xa chegan os Reis’ presentado por María Mera, co percorrido das Súas Maxestades de Oriente pola cidade, e amosará tamén as cabalgatas doutras cidades e vilas galegas. Os reporteiros David Vilares, Óscar Cruz, Noa García e Dani Polo situaranse en distintos puntos do percorrido para recoller o ambiente e a ilusión desta tarde especial. Na cabalgata coruñesa desfilará tamén o autobús da plataforma infantil Xabarin.gal, en que viaxarán os personaxes da serie ‘Os Bolechas’.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 05.01.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 05.01.2026
BAILAMOS CELEBRITY: ESPECIAL NADAL: BAILAMOS CELEBRITY: ESPECIAL NADAL 3
Bailamos Celebrity’ ofrece unha gala infantil na que os reis da casa, os nenos, son os auténticos protagonistas, participando activamente e tomando decisións importantes. As seis parellas de bailaríns fan unha viaxe ata a súa nenez, recordan as súas mellores experiencias e bailan bandas sonoras de películas infantís moi sonadas. Exerce de xurado a familia dos Bolechas, que por suposto, están todos convidados a divertirse e a formar parte do espectáculo. O elenco de 'Bailamos Celebrity' reúnese esta noite de Reis nunha gala moi especial, dedicada aos máis pequenos da casa. A cativada participará activamente no espectáculo presentado por Juan Fuentes, en que os concursantes realizarán coreografías de bandas sonoras de películas infantís, e en que exercerá de xurado a familia dos Bolechas.
BIG
Josh Baskin, un adolescente de 13 anos, decepcionado polo pouco caso que lle fai unha compañeira da súa clase, prendada dun rapaz maior, desexa con todas súas forzas ser un home feito e dereito. Certo día, nun parque de atraccións, atopa unha furna en que un misterioso meigo mecánico promete cumplir calquer desexo dos seus clientes. Josh pídelle ser maior e ao día seguinte esperta cun corpo de 30 anos pero coa mentalidade do cativo que aínda é. Nesta nova situación, Josh disfruta de certas vantaxes, pero tamén de numerosos inconvenientes.
ATRÁPAME SE PODES, EDICIÓN NADAL: ATRÁPAME SE PODES, EDICIÓN NADAL V 41
PRATOS COMBINADOS: O deporte do parchís
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Unha larpeirada cos amigos
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: O Museo Celta
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: A granxa de porcos
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.